Solapas principales

Procesos de participación

Procedementos abertos á información pública durante a súa tramitación
O artigo 7 e) da Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno establece a obriga de publicar os documentos que, conforme á lexislación sectorial vixente, deban ser sometidos a un período de información pública durante a súa tramitación. Ligazón.
Orzamentos participativos
Os orzamentos participativos son unha ferramenta para que a veciñanza de Ames decida libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento municipal. A cidadanía propón proxectos de investimento que son avaliados polo persoal técnico do Concello e preseleccionados pola veciñanza, e finalmente, chegan a unha fase de votación final. As propostas máis votadas pasan a formar parte do anexo de investimentos do orzamento anual. Ligazón.
Enquisas, sondaxes e votacións
Con fins preferentemente informativos e de pulso da opinión pública sobre temas de interese municipal. Ligazón.