Solapas principales

Inscrición nas Escolas infantís municipais

Presencial
Online
De Lunes, 1 Abril, 2019 hasta Sábado, 15 Junio, 2019
Tramite activo: 
Pechado
PARA QUE (FINALIDADE)
A escola infantil municipal O Bosque de Bertamiráns atópase na estrada que une a capital municipal de Ames coa vila de Negreira. A escola infantil municipal A Madalena do Milladoiro está situada ao pé da capela do mesmo nome. O responsable de ambas escolas infantís é o propio concello de Ames.

A súa capacidade total é de 209 prazas, 94 no Milladoiro e 115 en Bertamiráns, que se distribúen segundo a clasificación por idades: de 0 a 1 ano, de 1 a 2 anos e de 2 a 3 anos.

As instalacións coas que contan tanto O Bosque como A Madalena son seis: sala de berces, comedor, cociña, lavandería, almacén e aseos, ademais de contar con cadanseu parque infantil no exterior.

Nestas escolas infantís municipais son susceptibles de seren admitidos todas as nenas e nenos que teñan entre tres meses e tres anos, sempre e cando cumpran os tres anos antes do 31 de decembro do ano no que se matriculan.

O horario de apertura das escolas infantís de Bertamiráns e do Milladoiro é dende as 7:30 ata as 20:15 horas, sempre e cando haxa demanda ata a hora de peche. Durante a época de verán (xullo e agosto) a hora establecida de peche é ás 18:00 horas, tamén sempre que haxa demanda. En calquera caso, a Concellaría de Educación sinala que non é recomendable que o neno/a pase máis de oito horas diarias no centro.

QUEN PODE FACELO

  • Os/as pais/nais poden matricular aos fillos/as que teñan entre tres meses e tres anos.

COMO SE FAI

A documentación de solicitude de praza debe recollese e entregase nas escolas infantís municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas.

CANDO

Do 1 ao 15 de abril abre o prazo para a solicitude de praza nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro). A mediados do mes de maio publicaranse as listas provisionais de admitidos/as e haberá un prazo de dez días para presentar posibles reclamacións. Posteriormente, entre o 1 e o 15 de xuño ábrese o prazo de matrícula.
DOCUMENTACIÓN

  • 2 fotocopias do DNI das persoas proxenitoras.
  • 2 fotocopias compulsadas do Libro de Familia completo (as compulsas pódense realizar nas Oficinas municipais de Bertamiráns ou do Milladoiro).
  • En caso de familias monoparentais: presentar a sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais.
  • En caso de familias numerosas: presentar 2 fotocopias compulsadas do Libro de Familia Numerosa completo (as compulsas pódense realizar nas Oficinas municipais de Bertamiráns ou do Milladoiro).

Xustificación de ocupación actualizada

  • No caso de traballadores/as por conta allea: fotocopia da nómina do mes de marzo.
  • No caso de traballadores/as autónomos/as: fotocopia do último recibo de pagamento da cota á Seguridade Social.
  • No caso de traballadores/as por conta propia: fotocopia do último recibo de pagamento da cota da correspondente mutualidade.

Xustificación de desemprego actualizada

  • Certificación de ser demandante de emprego no que se especifiquen as altas e baixas (con efectos do día anterior o comezo da data de solicitude de praza).
  • Certificado do INEM que acredite se recibe algún tipo de prestación.

Outras situacións

  • Fotocopia compulsada da renda de integración social de Galicia (RISGA). As compulsas pódense realizar nas Oficinas municipais de Bertamiráns ou do Milladoiro.
  • Certificado de empadroamento e convivencia (serán solicitados de oficio polo persoal da Escola Infantil Municipal unha vez entregada a solicitude).
  • Autorización asinada para a consulta de datos tributarios que figuran en poder da axencia estatal da Administración Tributaria.
  • Autorización asinada de aceptación das normas da Escola Infantil Municipal.

Formalización da matrícula

Os nenos admitidos na escola infantil deberán presentar:

  • Seis fotografías de tamaño carné.
  • Fotocopia do calendario de vacinas.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Informe médico.

PREZO
O prezo pola atención educativa en xornada completa nas escolas infantís 0-3 dependentes do Concello de Ames fíxase en 160  mensuais.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as seguintes reducións:

  1. Rendas inferiores ao trinta por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 0€; sen servizo de comedor 0€.
  2. Rendas comprendidas entre o 30 e inferiores ao 50 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 16,50€; sen servizo de comedor 0€.
  3. Rendas comprendidas entre o 50 e inferiores ao 75 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 49,50€; sen servizo de comedor 33€.
  4. Rendas comprendidas entre o 75 e inferiores ao 100 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 91€; sen servizo de comedor 66€.
  5. Rendas comprendidas entre o 100 e inferiores ao 125 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 141€; sen servizo de comedor 106€.
  6. Rendas comprendidas entre o 125 e inferiores ao 150 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 176€; sen servizo de comedor 126€.
  7. Rendas comprendidas entre o 150 e inferiores ao 200 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 199€; sen servizo de comedor 139€.
  8. Rendas superiores ao 200 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 230€; sen servizo de comedor 160€.

Prezo dos servizos complementarios:

  • Servizo de comedor: fíxase un importe de 70 euros mensuais. Para o caso dos/as nenos/as que non empreguen habitualmente o servizo e que desexen utilizalo algún día con carácter solto aboarán a contía de 4 euros por día. O prezo de comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.
  • Horario ampliado: o prezo mensual de cada hora solta en que se incremente o horario normal será de 20 euros. O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución.
  • Servizo de merenda: fíxase en 1 euro por día.

Existen descontos que se poden consultar na ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Ames.

RESPONSABLE