Solapas principales

Patrimonio

Patrimonio Popular

  • Cruceiros, petos de ánimas, pombais, fontes, lavadoiros e muíños constitúen unha parte destacada da arquitectura popular, da que Ames ten numerosas representacións asociadas á etnografía, ás crenzas e ás formas de vida ancestrais que foron adaptadas ao uso cotiá actual cun compoñente de identidade cultural.  Saber máis >>.

Patrimonio Relixioso

  • As capelas e igrexas érguense próximas aos núcleos de poboación. Entre as igrexas do municipio predominan as que presentan características arquitectónicas propias dos estilos barroco e neoclásico, a pesar de que hai elementos escultóricos de épocas anteriores que se remontan ao século XIV. Algunhas foron realizadas por suscrición popular. Saber máis >>.

Patrimonio Civil

  • Os pazos de Leboráns, Lens, Quintáns, da Peregrina e a Casa de Sandar conforman un conxunto de inmobles propios da arquitectura tradicional galega. Algunhas das pontes tamén son sobranceiras construcións. Saber máis >>.

Patrimonio Natural

  • A composición e bo estado do patrimonio natural de Ames é de alto interese ambiental. Prados, ríos e arboredas, tal e como escribiu Rosalía de Castro, xunto con outras formacións naturais como as fragas, os vales, e as brañas, conforman hábitats que albergan unha inmensa variedade de vida. Saber máis >>.

Patrimonio Arqueolóxico

  • Os concellos de Ames, Santiago e Teo constitúen unha área arqueolóxica das más importantes de Galicia, xa non só pola abundancia, senón pola calidade e conservación dos petróglifos. Actualmente pódense contar máis de cen xacementos entre os tres municipios no val da Maía e a contorna fluvial do río Sar. No caso de Ames, o concello conta con verdadeiras xoias arqueolóxicas, con petróglifos como o de Oca, ou a Nave, situada en Mourigade na parroquia de Bugallido. Ademais, na área rupestre de Ventosa atópanse tres conxuntos de petróglifos: o de Monte Castelo, Peneda Negra e Campo Redondo. Saber máis >>.