Avisos
Viernes, 6 noviembre, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 6 noviembre, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 5 noviembre, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o anuncio coa composición do tribunal e a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección, polo sistema de concurso oposición, para arquitecto (funcionario interino) e creación de bolsa de agarda de arquitecto municipal 2026 do Concello de Ames.
Jueves, 5 noviembre, 2026
O Concello de Ames informa de que o luns, 9 de novembro, a páxina web municipal estará fóra de servizo a partir das 10.00 horas e durante dúas ou tres horas como máximo. Isto é debido a traballos de mantemento e actualización planificados que se executarán durante este tempo.
Martes, 3 noviembre, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o proceso selectivo dunha praza de arquitecto/a técnico/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala técnica e clase superior, polo sistema de oposición, en quenda libre. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOE.
Viernes, 30 octubre, 2026
O luns, 2 de novembro, ás 9.30 horas, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, que se van celebrar o día 29 de novembro de 2026.
Viernes, 30 octubre, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 30 octubre, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 29 octubre, 2026
O Concello de Ames informa que tendo en conta a colocación da estrutura da árbore de Nadal no aparcadoiro do Supercor do Milladoiro, prohíbese o estacionamento nas zonas sinaladas no bando desde o luns 2 de novembro do 2026 ás 08:00 ata o luns 11 de xaneiro do 2027.
Miércoles, 28 octubre, 2026
O Concello de Ames súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para convocar un minuto de silencio hoxe mércores, ás 20.00 horas, diante da Casa do Concello en Bertamiráns en memoria das vítimas do accidente ferroviario ocorrido hoxe na provincia de Toledo.
- 1 de 182
- siguiente ›




