Solapas principales

Protección de datos persoais

Política de privacidade do Concello de Ames

O Concello de Ames está sensibilizado coa protección de datos de carácter persoal das persoas usuarias dos sitios web. Mediante a presente Política de privacidade o Concello de Ames informa ás persoas usuarias dos usos aos que se someten os datos de carácter persoal que se recadan nos sitios web, co fin de que decidan libre e voluntariamente se desexan facilitar a información solicitada.
Esta política de privacidade poderá ser modificada co obxecto de adaptala ás novidades lexislativas, criterios xurisprudenciais, prácticas do sector ou intereses da entidade, o cal será debidamente publicado.

Protección de datos de carácter persoal

A protección de datos de carácter persoal das persoas físicas é un dereito fundamental amparado polo artigo 18.4 da Constitución española, e que se exercerá con arranxo ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e o Consello e na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Toda persoa física ten dereito á protección dos datos de carácter persoal que lle concirnan a fin de garantir a súa vida privada e supón o control e poder de disposición sobre a información relativa á súa esfera tanto pública coma privada.

Finalidade do tratamento de datos persoais

O Concello de Ames poderá tratar os datos persoais da cidadanía para, entre outras das finalidades:

  •  Xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar aos interesados sobre a súa tramitación
  •  Xestionar axudas e subvencións
  •  Xestionar as consultas, solicitudes de información e comunicacións
  •  Ofrecer servizos personalizados á cidadanía
  •  Xestionar calquera outro servizo prestado á cidadanía que requira datos persoais

Lexitimación do tratamento

O Concello de Ames está lexitimado para recoller datos de carácter persoal, xa que o tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público e no exercicio de poderes públicos. Ademais, está lexitimado para tratar aqueles datos recadados nos que o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Prazo de conservación

Os datos persoais serán conservados mentres sexan necesarios para as finalidades de cada tratamento, con respecto aos prazos legais e á normativa sobre a retirada do consentimento, a supresión dos datos polas persoas interesadas ou o exercicio doutros dereitos.

Responsable

O responsable do tratamento dos datos de carácter persoal é o Concello de Ames.
Poderá contactar con nós a través das seguintes canles:
Enderezo: Praza do Concello, núm. 2. Bertamiráns. 15220 Ames (A Coruña).
Teléfono: 981 883 002
Correo electrónico: atencioncidada@concellodeames.gal

Delegado de protección de datos

En cumprimento do disposto no artigo 37 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo, con data 24 de maio de 2018 designouse a delegada de protección de datos (DPD) do Concello.
A figura do DPD ten como funcións esenciais informar e asesorar ao Concello de Ames e aos empregados en materia de tratamento de datos persoais, así como ser punto de referencia nesta materia e colaborar coa Axencia Española de Protección de datos.
Os datos de contacto son: dpd@concellodeames.gal

Procedencia

Por regra xeral, os datos persoais recóllense sempre directamente do interesado. Non obstante, en determinadas excepcións, os datos poden ser recollidos a través de terceiras persoas, entidades ou servizos diferentes do interesado. Neste sentido, este extremo será trasladado ao interesado a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de información no prazo mais breve posible.

Destinatarios

Co fin de que os datos obrantes no Concello de Ames estean actualizados, a persoa usuaria poderá realizar os cambios directamente, cando estea habilitado para iso, ou comunicándoo ao departamento municipal correspondente.

Os datos poderán comunicarse a outras Administracións Públicas cando sexa para fins de interese público e no exercicio das potestades conferidas aos poderes públicos.
Os datos persoais recadados a través dos formularios e cuestionarios electrónicos ou no seu caso impresos descargables non serán cedidos a terceiros, salvo nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidades expresadas, nos supostos previstos na Lei así como nos casos específicos dos que se informe expresamente á persoa interesada.

Dereitos das persoas usuarias

O Concello de Ames garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos de carácter persoal. O interesado poderá exercitar os dereitos que lle asisten de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, que son fundamentalmente os seguintes:

  • Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado e a obter información sobre o seu tratamento.
  • Dereito a solicitar a súa rectificación, cando sexan inexactos.
  • Dereito a solicitar a supresión ou esquecemento.
  • Dereito a solicitar a limitación do tratamento.
  • Dereito á portabilidade dos datos.
  • Dereito a opoñerse ao tratamento.

O interesado poderá exercitar tales dereitos mediante solicitude por escrito presentada no rexistro municipal ou por calquera outro rexistro dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, e na que especificará cal destes solicita sexa satisfeito.
Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos.