Pestanas principais

Centro de Información á Muller (CIM)

    • Enderezo: Oficinas Xerais do Milladoiro. Rúa de Abaixo, número 10. 15895. O Milladoiro
    • Teléfono: 662 371392
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
    • Responsable técnico: Mª Teresa Arufe Vázquez, directora CIM
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
Outros Datos: 

Novas do departamento

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Igualdade, celebrou hoxe o acto central de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Dito acto, presentado por Fátima Pego, realizouse no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns e estivo protagonizado pola proxección do documental 8M A Voces, no que 9 mulleres de Ames comparten reflexións arredor da igualdade. Trala proxección realizouse un coloquio no estas 9 mulleres falaron das súas propias experiencias, e abriuse unha rolda de preguntas para o público. O acto pechou coa intervención da concelleira de Igualdade, Uxía García, e das voceiras dos grupos municipais políticos do Partido Popular, Oliva Agra; BNG, Escarlata Pampín; e Espazo Común, Luísa Feijóo.

A psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero, Mónica Novas Dios, impartirá este xoves, 3 de setembro, unha charla na que dará as claves de “Como evitar as relacións tóxicas“, dentro da campaña Non estás soa! O coloquio, organizado pola Concellería de Igualdade, celebrarase ás 11.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns e terá entrada de balde previa inscrición. As inscricións pódense realizar enviando un correo electrónico ao enderezo infoigualdade@gmail.com ou a través do teléfono/whatsapp 682 660 580.

A Concellaría de Benestar Social, en colaboración coa Secretaria Xeral da Igualdade, organiza para os días 23 e 25 de setembro un curso de auto defensa para mulleres. Trátase dun curso para saber como actuar ante situacións violentas que se impartirá no pavillón municipal do Milladoiro, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Esta actividade estará impartida por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Para inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 981 53 59 41.

O Concello contratará en breve a tres mulleres vítimas de violencia de xénero. Esta acción forma parte do Programa Integral para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables” e lévase a cabo mediante unha subvención de 64.079,76 euros que outorga a Secretaría Xeral de Igualdade. Prevese que as tres mulleres estean traballando en distintos departamentos municipais entre finais do mes de agosto e principios do mes de setembro.

O Concello de Ames reiterou nestas festas o seu compromiso contra a violencia de xénero instalando unha caravana morada que prestou servizo a medio centenar de persoas, destacando a presenza de xente de idades comprendidas entre os 14 e 20 anos, durante os días grandes das festas de Milladoiro e Bertamiráns.

O Concello de Ames presentou esta mañá, na Casa do Concello, en Bertamiráns, a programación de actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O acto central realizarase o domingo, 8 de marzo, na Casa da Cultura de Bertamiráns cos dúas actividades. Pola mañá, proxectarase o documental 8M A Voces e farase un coloquio posterior coas nove mulleres que participaron na peza audiovisual, para falar da súa experiencia e moderado pola presentadora do acto, Fátima Pego. Pola tarde, poderase gozar do espectáculo O positivo de fracasar no amor, un monólogo de Pablo Piñeiro. Ademais, dentro de dita programación, está prevista a elaboración de murais colaborativos nos centros educativos e un curso de formación en defensa persoal para mulleres. O persoal do CIM tamén vai visitar os centros educativos para achegar información e repartir material do 8M.

Eventos del departamento

O sábado 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, lerase o manifesto institucional ás 11:00 horas na Casa do Concello.

O acto central da programación do 8M vaise a realizar o propio domingo, 8 de marzo, na Casa da Cultura de Bertamiráns cos dúas actividades. Pola tarde, ás 18.30 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o espectáculo O positivo de fracasar no amor, un monólogo teatral de Pablo Piñeiro. 

O acto central da programación do 8M vaise a realizar o propio domingo, 8 de marzo, na Casa da Cultura de Bertamiráns cos dúas actividades. Pola mañá, de 11.00 a 12.30 horas, proxectarase o documental 8M A Voces, unha peza audiovisual promovida polo Concello de Ames, que nace coa vontade de poñer no foco as voces das mulleres do municipio no marco do Día Internacional da Muller, recollendo testemuños de vidas reais e diversas. 

O combo de voces da Escola Municipal de Música de Ames actúa o 23 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A continuación, a compañía aAntena representará a obra de teatro "Golpes".

O sábado 25 de novembro, ás 11:30 horas, comezará a andaina “Achégate á Igualdade” contra as violencias machistas.

O grupo The Tetas Van actúa o 25 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.