Solapas principales

Economía

Dende o punto de vista demográfico Ames é un concello de tamaño medio-alto no marco da xeografía galega, dista de ser o típico concello do rural galego senón que se aproxima moito máis ás características propias dun concello de tipo urbano ou semi-urbano. Non obstante, pódese comprobar que o seu carácter urbano só se manifesta na existencia de dous núcleos de poboación de certa envergadura O Milladoiro e Bertamiráns. Nestes núcleos é onde se concentración a maior parte do tecido empresarial e comercial do municipio, mentres que na zona rural existen diferentes explotacións bovinas e gandeiras.

Segundo a actualización de datos de IRPF por concellos, que anualmente desagrega o Ministerio de Facenda, en Ames a renda bruta por habitante é de 20.500 euros.

No ámbito rural destaca a implantación de explotacións de gando, dunha cooperativa láctea e dun proxecto de investigación vacuno.

Dento do ámbito urbano destaca o polígono industrial do Milladoiro que aglutina a unha boa parte do tecido empresarial do concello. Trátase dun parque empresarial que foi inaugurado no ano 2002 e ten una superficie total de 323.000 metros cadrados. O tamaño mínimo das parcelas é de 500 metros cadrados e o máximo de 4.500. Conta con 189 parcelas distribuídas en 182 naves das cales están ocupadas 157. O nivel de ocupación é de 124 empresas, das cales un gran número están relacionadas cos sectores das novas tecnoloxías, a informática e o audiovisual.

Trátase dun  parque multiuso, con naves industriais e comerciais, tamén dispón de edificios de oficinas, Lofts e  un centro comercial con comercios, locais de restauración e un ximnasio nunha superficie total de 25.000 metros cadrados.