Solapas principales

Departamento de Movilidad

Servicios y programas

El Ayuntamiento de Ames, a través de la Concejalía de Movilidad, acaba de lanzar la campaña informativa sobre la reducción de la velocidad en el interior de los núcleos urbanos de Bertamiráns y del Milladoiro. Bajo el lema “A 30 Ames es más” se pretende que el ayuntamiento sea más amable, más divertido, más saludable y más nuestro... Se trata de una campaña de sensibilización sobre la importancia de la velocidad a 30 km/h en el interior de las zonas urbanas de Ames. Para difundir dicha campaña entre el vecindario se elaboraron carteles, folletos informativos y unas chapas con refranes y mensajes motivadores.
El PMUS pretende sentar las bases de una nueva cultura donde el peatón se convierta en el principal protagonista y se relegue el uso del transporte privado. Este plan se concreta en doce programas de actuación que se van a desarrollar entre el 2022 y el 2029. El Plan de Movilidad Urbana Sostenible está cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) en el marco del Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020.

Noticias del departamento

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe o cambio de titularidade de treitos das estradas DP-0203 Bertamiráns a Augapesada, DP-0205 Bertamiráns á Ramallosa e DP-0206 Milladoiro a Biduído a favor do Concello de Ames. Esta solicitude foi feita por parte do Goberno municipal o pasado 1 de febreiro de 2021. Despois da correspondente tramitación aprobouse dita transferencia. Ademais, no pleno ordinario de marzo deste ano aprobouse por unanimidade unha moción presentada por vía de urxencia para a transferencia destes tres treitos de estradas provinciais.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade no pleno ordinario de xaneiro, unha moción presentada conxuntamente entre os partidos políticos que forman o Goberno municipal (PSdeG-PSOE, BNG e Contigo Podemos) e as asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduído, na que se solicita que a Xunta asuma a súa competencia en materia de transporte metropolitano e preste o servizo de maneira inmediata a estas parroquias, trala desaparición da liña urbana de Santiago que chegaba ata Ortoño. Dita moción foi acordada coas asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduído nunha xuntanza celebrada o pasado 18 de xaneiro. Todos os grupos políticos coincidiron en reclamar a restitución deste servizo de autobús.

A Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Infraestruturas, vén de rexeitar a solicitude de ampliación do prazo que varios Concellos da área de Santiago realizaron o pasado día 5 de outubro. Nesta solicitude pedíase poder presentar alegacións ao convenio, presentado na última xuntanza máis alá do día 6, cunha ampliación ata o día 15 deste mes. A Dirección Xeral de Mobilidade tan só ofreceu 7 días hábiles para a presentación de alegacións a un convenio que rexerá o transporte metropolitano dos vindeiros catro anos. Os Concellos xa advertiron na xuntanza da Comisión que o prazo dado era insuficiente. Un día antes do peche do prazo pediron ampliar o prazo nunha semana máis para poder facer un bo traballo.

O pasado 23 de xuño de 2022 comezou a funcionar a liña de autobús do servizo de interese municipal, que discorre entre a rúa Alcalde Lorenzo e a estación intermodal de Santiago. Dito servizo discorre polas parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído. Pasados os primeiros meses de funcionamento desta nova liña de transporte o Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, fai balance sobre o número de viaxeiros/as e o investimento feito. Durante o ano 2022, dende o 23 de xuño ata o 31 de decembro, empregaron este servizo un total de 1.126 viaxeiros. Ademais, o funcionamento deste servizo tivo un déficit para as arcas municipais de  37.932 euros.

A Concellaría de Mobilidade presentou esta mañá, xunto co Inspector Xefe da Policía Local, o concelleiro de Seguridade e Saúde Laboral, e o alcalde de Ames, o proxecto educativo que baixo o lema “Se nos respectamos, todos e todas gañamos” inclúe unha xornada de actividades e xogos para concienciar aos nenos e nenas sobre as normas básicas de seguridade viaria. Celebrarase o sábado 12 de xuño no Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Para asistir é preciso inscribirse, antes do 11 de xuño ás 12.00 horas, enviando un email a mobilidade@concellodeames.gal indicando nome e idade do neno ou nena.

Ameneiral será peonil a partir do próximo domingo, 5 de maio. Só poderán transitar por esta rúa do núcleo de Bertamiráns os vehículos que precisen acceder aos garaxes, carga e descarga durante o horario establecido e os comerciantes autorizados para estacionar durante un tempo máximo de 15 minutos.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de darlle traslado á Dirección Xeral de Mobilidade das queixas recibidas por parte da asociación de veciños Pedro do Fuso, que aglutina á veciñanza das parroquias de Piñeiro, Ames e Covas, sobre o mal funcionamento do servizo de transporte metropolitano. Deste xeito, solicitan que se restableza o servizo coa normalidade e frecuencias establecidas dende hai anos pola empresa anteriormente concesionaria da ruta Piñeiro – Santiago de Compostela.

O Concello de Ames acaba de recibir unha notificación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, da Xunta de Galicia, na que se estiman de xeito favorable, ás alegacións presentadas no pasado mes de agosto de 2019 ao anteproxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estradas. As alegacións aceptadas refírense a unha serie de ampliacións de servizos en distintas rutas: incremento do horario de prestación dos servizos na primeira e/ou última hora en certas liñas; aumento dos servizos en fin de semana; implantación de novas expedicións en certas franxas horarias; inversión no sentido dunha liña, para adaptar mellor ás necesidades das persoas usuarias á primeira e última expedición do día, e creación dunha liña de Noitebús que conecte Bertamiráns e O Milladoiro con Santiago.

O Concello de Ames recibiu hoxe a notificación da Dirección Xeral de Mobilidade sobre o reforzo que vai facer a Xunta de Galicia, dende o vindeiro sábado 22 de maio, do servizo de transporte público para dar servizo á veciñanza das parroquias de Ortoño e Bugallido. Dito reforzo realizarase ao incorporar un desvío no percorrido da liña que vai de Extramundi de Arriba a Santiago de Compostela, engadindo cinco novas paradas nos núcleos de Ames. Dende o Goberno municipal de Ames agradecen esta medida e que se tiveran en conta as propostas enviadas conxuntamente polo Concello e polas asociacións veciñas destas dúas parroquias amesás.

O pasado 21 de decembro a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado do contrato de adecuación e instalación do alumeado público no sendeiro CEIP Agro do Muíño e Bertamiráns que estará cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no  marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Eventos del departamento

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves, 15 de setembro, ás 20.00 horas, a presentación do proxecto de creación de carreiros escolares nos centros urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Dita presentación realízase coincidindo coa celebración da Semana Europea da Mobilidade que se conmemora do 16 ao 22 de setembro. Intervirán no acto a concelleira da unidade executora da EDUSI encargada deste proxecto, Beatriz Martínez, os redactores do proxecto da empresa Sepia Técnicos SL, Ángel e Samuel Folgueral, e mailo alcalde de Ames, Blas García. Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O proxecto ten un orzamento base de contratación de 411.283 euros. O obxectivo é crear uns carreiros escolares seguros dentro do entorno urbano que melloren a seguridade peonil.

Con motivo do día da Seguridade Viaria, que se conmemorou o 10 de xuño, a Concellaría de Mobilidade organizou o programa de Rodeiros Brancos, para realizar dous percorridos pola rúa nos que os/as participantes van vestidos/as de branco e cunha luz-linterna branca na cabeza, utilizando un método de mobilidade sostible. A través desta actividade reivindícase a utilización de medios de mobilidade sostible. Para participar hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Os/as nenos/as deberán estar acompañados/as dunha persoa adulta.

Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Ames organiza unha andaina pola senda verde que conecta O Milladoiro con Bertamiráns. Será o domingo 24. A saída terá lugar ás 10:00 horas, dende a Igrexa de San Xosé, no Milladoiro. Haberá un autobús para levar ás persoas de Bertamiráns ao Milladoiro e viceversa. Os interesados poden anotarse escribindo ao enderezo electrónico mobilidade@concellodeames.gal (é preciso indicar se se necesita praza no autobús). 

Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Ames organiza unha marcha ciclista nocturna, que terá lugar o venres 22, con saída ás 22:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns. As inscricións poden facerse escribindo ao enderezo electrónico mobilidade@concellodeames.gal

Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Ames organiza unha serie de xogos sobre rodas para cativada a partir dos 4 anos. Celebrarase o sábado 23 no aparcadoiro de Agriños (fronte á EEI do Milladoiro). Será de 17:00 a 20:00 horas. Pódese inscribir aos nenos e nenas escribindo ao enderezo electrónico mobilidade@concellodeames.gal

O sábado 21 de setembro, dentro da "Semana Europea da Mobilidade", celébrase a actividade “Xogos en bici”, unha proposta de xogos populares en bicicleta orientados á rapazada. Desenvolverase dende as 17:00 ata as 20:00 horas no aparcadoiro de Agriños, no Milladoiro (en fronte da escola infantil).

O Concello de Ames celebra do 16 ao 22 de setembro a II Semana Europea da Mobilidade. A programación continúa o sábado, 19 de setembro, con actividades e xogos populares en bicicleta, que están dirixidos aos nenos e nenas de 4 aos 12 anos.

As actividades e xogos populares en bicicleta serán no aparcamento do Agriño, no Milladoiro, a partir das 17:00 horas.Estas actividades están dirixidas a nenos e nenas de 4 aos 12 anos. Cada neno e nena que participe deberá levar a súa propia bicicleta, casco e máscara. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.

O domingo 19 de setembro, desenvolverase unha andaina saudable pola senda verde que conecta as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. A saída será ás 10:00 horas da Igrexa san Xosé do Milladoiro. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal.

O domingo chega unha nova actividade enmarcada na Semana Europea da Mobilidade. Trátase dunha andaina pola senda verde, un percorrido de 12 quilómetros de dificultade baixa que une O Milladoiro con Bertamiráns.