Solapas principales

Inscrición nos comedores escolares

Presencial
Sede Electrónica
De Viernes, 1 Marzo, 2019 hasta Domingo, 31 Marzo, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE)
Os servizos complementarios de educación e conciliación, no que está incluída a Rede Municipal de Comedores Escolares, teñen como principal obxectivo conciliar a vida familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. O servizo da rede de comedores escolares está xestionado directamente polo Concello. Con este programa realízase por unha parte un servizo público, facilitando aos cidadáns a conciliación da vida laboral e familiar e por outra, un proxecto educativo no que o obxectivo é que o alumnado aprenda hábitos alimentario sans e un correcto comportamento na mesa, así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.

QUEN PODE FACELO

  • Alumnado dos colexios de educación infantil e primaria.

COMO SE FAI
Ábrese un prazo de preinscrición e/ou renovación de praza. Os usuarios/as que desexen obter praza por primeira vez teñen que realizar a correspondente preinscrición, mentres que os que xa están dados de alta poden renovar a súa praza. No caso de non realizar a renovación no período de tempo estipulado pérdese a praza. O mesmo acontece se teñen algunha débeda pendente co Concello de Ames.

Os/as interesados/as poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través do portal www.conciliames.org ou de xeito presencial no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na oficina municipal do Milladoiro.

Unha vez feita a preinscrición ou renovación haberá que imprimir o impreso de solicitude, asinalo e presentalo no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro do departamento de Educación (no Pazo da Peregrina) ou na oficina municipal do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Outra opción é empregar o rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concellodeames.gal/es) ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR) ou en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.

As persoas que non dispoñen de acceso a Internet, e das ferramentas informáticas necesarias para poder facer esta xestión de forma online, teñen a súa disposición ao persoal do departamento municipal de Educación. Para iso teñen que chamar ao número de teléfono 981 884 991 e sacar cita previa para ser atendidos en Bertamiráns ou no Milladoiro. A continuación, deben achegarse ata o departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou ás oficinas municipais do Milladoiro. Alí o persoal municipal realiza estes trámites por eles de forma telemática.

Unha vez rematado dito prazo publícase unha lista provisional e definitiva dos rapaces e rapaza que foron admitidos/as despois de realizar a preinscrición. De cara a garantir un servizo de calidade e segundo se establece no regulamento publicado no BOP número 23 do 1 de febreiro de 2018, no caso de que o número de solicitudes supere a capacidade da oferta farase unha selección e terán prioridade as familias empadroadas no concello de Ames. Así, para a preinscrición na Rede municipal de comedores escolares débese achegar a documentación necesaria para a baremación.

CANDO
O prazo para preinscribirse ou renovar praza na Rede municipal de comedores escolares abre do 1 ao 31 de marzo.

DOCUMENTACIÓN

Para a preinscrición na Rede municipal de comedores escolares é necesario presentar:

  • Solicitude de preincrición.
  • Formulario de baremación
  • Documentación necesaria para a valoración.

Toda a información está dispoñible nos Rexistros municipais e na páxina www.conciliames.org. Para que a preinscrición sexa efectiva é condición indispensable estar ao día no pagamento dos servizos do Concello de Ames, e en xeral non ter débedas co Concello. Unha vez publicadas as listas dos/as nenos/as inicialmente admitidos/as, será necesario formalizar a matrícula no prazo fixado para ese fin e pagar a taxas correspondentes, momento no cal poderán solicitar a bonificación de taxas e entregar a documentación necesaria segundo o caso.

Información trámite de renovación
Información trámite de matrícula

PREZO

Entrando na páxina web de Conciliames os usuarios/as dispoñen dun simulador de cotas. Este cálculo será orientativo, suxeito á comprobación do expediente por parte do departamento de Educación.

RESPONSABLE

Departamento de Educación, Avenida José Luis Azcárraga, número 5, Pazo da Peregrina, Bertamiráns, 15220, Ames. Horario de atención de 9.00 a 14.00 horas. Teléfono: 981 89 14 76. educacion@concellodeames.gal

NORMATIVA APLICABLE

Para todo o relacionado co pagamento dos servizos e as solicitudes de bonificación de taxas, consulte a ordenanza fiscal vixente:
Ordenanza fiscal reguladora de la tasa por la prestación de servicios complementarios educativos y de conciliación de la vida familiar y laboral

Para información sobre a regulación do funcionamento dos servizos consulte o seu regulamento: Regulamento rede municipal Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas