Solapas principales

Inscrición nas Escolas deportivas municipais

Presencial
Online
De Lunes, 2 Septiembre, 2019 hasta Viernes, 13 Septiembre, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

O Concello de Ames fomenta a práctica deportiva a través das Escolas deportivas municipais. A oferta deste servizo municipal inclúe 20 actividades diferentes; 13 encadradas no programa de Formación Deportiva e 7 no apartado de Ponte en Forma.

O programa de Formación Deportiva comprende as seguintes actividades: ballet, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala masculino, judo, natación, patinaxe, predeporte, squash, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Pola súa banda, dentro do apartado de Ponte en Forma pódense encontrar as actividades de adestramento funcional, aerozumba, ioga, GAP (hipoprensivos) – Aerocombat, pilates, spinning, abdominais e glúteos, así como ximnasia de mantemento.
 
QUEN PODE FACELO:

No programa de Formación Deportiva pódense inscribir os rapaces e rapazas de 3 a 14 anos, mentres que no apartado de Ponte en Forma poden participar mozos/as maiores de 14 anos e persoas adultas.

Cada persoa pode inscribirse nun máximo de dúas actividades das Escolas deportivas, sempre e cando non coincidan os horarios. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. Para a formación de grupos é preciso que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas dispoñibles.

COMO SE FAI:

-Renovación de matrícula:
O procedemento de renovación consiste en formalizar a matrícula de forma presencial nos locais habilitados, Casa da Cultura do Milladoiro e Casa do Concello, en Bertamiráns. Tamén se pode facer de xeito telemático descargando a documentación neste apartado e enviando a folla de inscrición cuberta por correo electrónico a oficina do Milladoiro deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou á oficina de Bertamiráns deportes@concellodeames.gal.

Por último, hai que solicitar a autoliquidación nas oficinas de Recadación e realizar o pagamento ata o 13 de setembro de 2019. Este ano no Concello non se fará a autoliquidación. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6. Tamén cabe a posibilidade de enviar un correo a ames@canaltributos.com, chamar ao número de teléfono 981 88 48 96, ou facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria. No caso de non realizarse o pagamento non prazos sinalados entenderase a renuncia á praza solicitada.

-Tramitación da preinscrición:
Para realizar a preinscrición hai que solicitar o impreso de matrícula de forma presencial nos locais habilitados (na Casa da Cultura do Milladoiro ou na Casa do Concello en Bertamiráns). Tamén se pode facer de forma telemática baixando a documentación neste apartado e enviar a folla de inscrición cuberta por correo electrónico a oficina do Milladoiro deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou á oficina de Bertamiráns deportes@concellodeames.gal.

As persoas que realicen a preinscrición deben saber que as prazas adxudicaranse nun sorte público que se desenvolverá o 18 de setembro de 2019, ás 12:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Posteriormente, o venres 20 de setembro, farase pública a listaxe coas persoas admitidas.

Despois hai que solicitar a autoliquidación nas oficinas de Recadación e realizar o pagamento do 20 ao 26 de setembro de 2019. Este ano no Concello non se fará a autoliquidación. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6. Tamén cabe a posibilidade de enviar un correo a ames@canaltributos.com, chamar ao número de teléfono 981 88 48 96, ou facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria. No caso de non realizarse o pagamento non prazos sinalados entenderase a renuncia á praza solicitada. 

CANDO:

Do 2 ao 13 de setembro de 2019.

DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de inscrición nas Escolas deportivas municipais.
  • Folleto informativo das escolas deportivas 2019-2020.
  • Información das escolas deportivas 2019-2020.
  • Cartel das escolas deportivas 2019-2020.

Descargar a documentación ao pé deste trámite (en + INFO).

PREZO:

  • O prezo de matrícula é, para menores de 18 anos, de 32 euros, descendendo a 16 euros para segundos membros menores de idade, e a 8 euros para terceiros. Se unha persoa, menor de 18 anos, se matricule en dúas escolas deportivas o prezo será de 48 euros, cun prezo de 24 e 12 euros para segundos e terceiros membros respectivamente. As persoas maiores de 18 anos deberán aboar un prezo de matrícula de 48 euros, no caso de inscribírense nunha única escola deportiva, ou de 72 no caso de inscribírense en dúas.

RESPONSABLE:

Departamento de Deportes: Casa do Concello, en Bertamiráns, e Casa da Cultura do Milladoiro.

Atención ao público en horario de 9:00 a 14:00 horas. Do 15 de xuño ao 15 de setembro o horario de atención ao público é de 9:00 a 13:00 horas.

Número de teléfono: 619 842 504.

Correo electrónico: deportes@concellodeames.gal - deportes.milladoiro@concellodeames.gal.

NORMATIVA APLICABLE:

Ordenanza reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos.