Agenda

Por ejemplo, 09-11-2026
Lunes, 09 de noviembre de 2026

O vindeiro luns, 9 de outubro, ás 12:00 horas, o espazo colaborativo de Coworking A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, acollerá a charla «Igualdade e progreso para as mulleres rurais», unha actividade organizada por FADEMUR Galicia no marco do programa Por un Rural Vivo e Xoven, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña. A actividade pretende ser un espazo de encontro, reflexión e intercambio de experiencias, no que poñer en valor o talento, a capacidade emprendedora e a contribución das mulleres e das persoas mozas á construción dun rural vivo, dinámico e con futuro.

Martes, 10 de noviembre de 2026

O Concello de Ames, Augas de Ames EPEL e El Correo Gallego organizan o vindeiro martes, 10 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, o foro “A auga en Galicia, da abundancia á escaseza”, no que se abordará a planificación de infraestruturas hídricas, xestión da escaseza e colaboración interadministrativa. O foro estará presentado pola xornalista de El Correo Gallego,  Susana López Carbia; e contará coa participación do alcalde de Ames, Blas García, da subdelegada do Goberno en Galicia, Encarna Rodríguez, e do director de Augas de Galicia, Roi Fernández.

De Martes, 10 de Noviembre de 2026 hasta Jueves, 12 de Noviembre de 2026

A partir do mes de outubro, como vén sendo habitual, as bibliotecas amesás celebrarán tres sesións de narrativa oral dirixidos a nenas e nenos de 3 a 8 anos. Serán sempre a partir das 17:30 horas, e realizaranse tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, en días distintos e con datas de inscrición independentes.

Jueves, 12 de noviembre de 2026

O programa SaúdeAndo 2026-2027 comezará o día 1 de outubro con 33 novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o curso, ata o mes de xuño, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media. 

Jueves, 12 de noviembre de 2026

O Concello de Ames acollerá o vindeiro xoves 12 de novembro unha xornada técnica de vixilancia sanitaria nas ADSG de vacún de Galicia, organizado polo Centro de Investigación Agraria Mabegondo (CIAM) pertencente á Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural. O encontro será na sala de exposicións do Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Para participar é preciso presentar unha presolicitude a través desta ligazón, para máis información pódese contactar co enderezo da coordinadora da actividade, veronica.gomez.gomez@xunta.gal, ou a través do contacto 881 881 815.

Jueves, 12 de noviembre de 2026

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes San Simón, As liñas descontinuas e Ao son da nova regueifa. Todas elas serán proxectadas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os xoves 5, 12 e 20 de novembro, ás 20.00 horas. Este ciclo de cine enmárcase dentro da programación do Ames Cultural para os meses de outubro, novembro e decembro. Ao final das proxeccións haberá un pequeno coloquio sobre os filmes. As entradas teñen un prezo xeral de 3 euros e un prezo reducido de 1,50 euros. Pódense adquirir a través da Billeteira electrónica. Para o documental Ao son da nova regueifa hai que coller convite na Billeteira electrónica

Viernes, 13 de noviembre de 2026

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, organiza a novena edición do festival internacional de cinema infantil de Ames, que se vai a celebrar do 12 ao 15 de novembro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. A programación inclúe a proxección de máis de 70 curtametraxes, dúas retrospectivas especiais e obradoiros de cinema e ciencia. Esta iniciativa está organizada polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña. Os abonos para o festival, que teñen un prezo de 3 euros, estarán dispoñibles na Billeteira electrónica desde o luns 2 de novembro. Nesta edición a sesión do sábado ás 17.00h (Buxainas 3) contará cun subtitulado específico para persoas con discapacidade auditiva.

Sábado, 14 de noviembre de 2026

O Concello de Ames vai celebrar os días 14 e 15 de novembro, no campo da festa da parroquia de Trasmonte, a sexta edición da Feira do Monte Tanto Monte. O obxectivo é poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte a través dun escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Neste edición increméntase o número de expositores e contarase con 29 postos de diversas localidades de Galicia; 4 faladoiros e obradoiros a cargo de Luís do Río, Jaime Blanco e Nuska Chousa;  6 degustacións gastronómicas; e unha nova iniciativa, o Monte Miúdo, que contará cunha ampla programación de actividades para os nenos e nenas. Premendo nesta ligazón pódese consultar o programa completo da feira.

Domingo, 15 de noviembre de 2026