- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas para persoas autónomas e microempresas que se viron afectadas polas consecuencias económicas da Covid-19. O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o venres 19 de marzo. O/as interesado/as deberán entregar a documentación de xeito telemático a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que no primeiro día da campaña Merc@mes xa se venderon 350 tarxetas bono (55% de 100 euros e 45% de 50 euros). En total, facturáronse uns 16.000 euros e xerouse un valor de negocio de preto de 30.000 euros. As tarxetas bono están á venda na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 11:00 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas. No Milladoiro poderanse adquirir polas mañás, entre as 11:00 e as 13:30 no local da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, na rúa Palmeira, número 19. Polas tardes venderanse na rúa Viorneira, número 1, no local da Asociación Palmira Boulevard, entre as 17:00 e as 19:30 horas. Tamén se poderán mercar estes bonos nas carpas informativas que o Concello ten previsto instalar os días 5 de marzo, na rúa Travesa do Milladoiro, e o día 6, na praza da Maía de Bertamiráns. Preme nesta ligazón para consultar os establecementos adheridos a dita campaña.
Los IES de Ames y del Milladoiro acogieron durante el día de hoy, con motivo de la celebración el pasado 11 de febrero del Día Internacional de la Mujer y de la Niña en la ciencia, unas charlas que le mostraron a la juventud de Ames las posibilidades que ofrece el ámbito de la ciencia y la tecnología en la actualidad, así como demostrar que las mujeres también tienen posibilidades en estas ramas profesionales. Las conferencias estuvieron protagonizadas por la presidenta de la Real Sociedad Matemática Española, Vitoria Otero; la directora corporativa de la empresa Tecalis, Berta Caro; la jefa de proyecto de CATEC (Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales), Marta Arufe, y una de las ingenieras de robótica aérea de CATEC en Galicia, Alejandra González.
Un encontro casual, unha conversa entre veciños e unha tarde compras. Nestes contextos, o actor Pepo Suevos e a cantante Fátima Pego falan coloquialmente sobre as tarxetas-bono da campaña Merc@ames, ofrecendo información sobre os prezos, o xeito de conseguilas, como utilizalas e as vantaxes que supón para a veciñanza e o comercio local esta iniciativa da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames. Os vídeos están sendo difundidos a través das redes sociais.
O programa “AmesON” continúa este venres 23 de xullo co concerto de Ellas Son. O grupo formado por Begoña García e Cristina Cachaldora será o encargado de poñerlle música e ritmos latinos á noite amesá. O concerto celebrarase na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas.
13 actuacións musicais compoñen o programa “AmesON” co que, a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Cómpre salientar que moitos e moitas das artistas que desfilarán polo AmesON son veciños e veciñas de Ames. Dará comezo o sábado19 de xuño coa actuación de Sond de Caracas no Milladoiro, ás 20.00 horas. A programación espallarase polas prazas de Manuel Murguía e da Madalena, no Milladoiro, e no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Coma novidade, nesta edición haberá unha Festa Latina que homenaxeará a Cuba, o sábado 17 de xullo. O programa pecharase o 3 de setembro coa actuación da París de Noia e cos gañadores do concurso “Canta con Ames” como teloneiros. Todas as actuacións comezarán ás 20.00 horas. Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.
Esta mañá foi presentada a terceira edición do concurso de fotografía “Ilumina o teu sorriso”, organizado polas tres asociacións de comerciantes e empresarios amesás, e coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, Rueiro Clínica Dental e o estudo Javier Troitiño Fotógrafo. Para participar na campaña, cómpre facerse dúas fotos en dous dos seis lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello, da Maía e de Chavián, en Bertamiráns, ou ben nas prazas de Manuel Murguía, da Madalena ou en Anxeriz, no Milladoiro. As persoas participantes poden gañar un teléfono móbil de última xeración, doado por Rueiro Clínica Dental. O obxectivo da proposta é “fomentar e dinamizar o comercio local”, segundo a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz.
O Salón de Plenos da Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación das xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que se desenvolverá por terceiro ano consecutivo e que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local nos días previos ao comezo do curso lectivo. As concellarías de Promoción Económica e Emprego, Mocidade e Benestar Social, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames, ofrecerán dúas propostas de tardes lúdicas e sorteos que se desenvolverán o 4 de setembro no Milladoiro e o día 6 en Bertamiráns. Haberá iniciativas para nenos e nenas a partir dos 3 anos. Ademais, sortearanse vales de compra no comercio local valorados en 1.500 euros. Como novidade, este ano a celebración conta co patrocinio da empresa Evoa Redes SL.
O Salón de Plenos da Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación das xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que se desenvolverá por segundo ano consecutivo e que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local nos días previos ao comezo do curso lectivo. As concellarías de Promoción Económica e Emprego e Mocidade, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames, ofrecerán dúas propostas de tardes lúdicas e sorteos que se desenvolverán o 4 e o 6 de setembro no Milladoiro e os días 5 e 7 en Bertamiráns. Haberá iniciativas para nenos e nenas de ata 11 anos e para a mocidade a partir dos 12. Ademais, sortearanse 200 premios valorados en máis de 2.000 euros.
Dende hoxe, sábado 12 de abril, xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para a promoción do comercio local. A convocatoria de ditas axudas saíu publicada no BOP da xornada de onte, venres 11 de abril, co cal o prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte de dita publicación, polo que estará aberto ata o 11 de maio. O importe desta convocatoria de subvención é de 40.000 euros: 33.000 euros para a promoción comercial e 7.000 euros para infraestruturas e equipamentos. As solicitudes hai que presentalas a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC).
- ‹ anterior
- 47 de 48
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.
- ‹ anterior
- 12 de 12