Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

Dende este martes, día 6, ata finais do mes de agosto, as oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, estarán pechadas por descanso do persoal. O servizo de asesoramento enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). No mes de setembro volverase a ofrecer dito servizo no horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. A oficina de Santiago estará aberta en horario de 10:00 horas a 15:00 horas durante este mes.

Tras o éxito acadado na edición anterior do programa InserAmes-Brión XI (período 2018-19), cunha porcentaxe de inserción laboral superior ao 60% das persoas participantes, os concellos de Ames e Brión acaban de poñer en marcha un novo programa que rematará en outubro do 2020. Na décimo segunda edición do InserAmes-Brión participan 100 persoas desempregadas, residentes nos concellos de Ames e Brión, que pertencen aos colectivos de menores de 30 anos e maiores de 45 anos.

O pasado xoves, 10 de outubro, tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago a celebración da primeira edición en Galicia de Emprende Innova Comparte, un evento organizado por Acción Contra a Fame, en colaboración co Concello de Ames e outras institucións. Ao longo da xornada organizáronse talleres participativos, networking e un concurso final onde a amesá, Lucía Nieto, obtivo o premio mentorización, que lle axudará a posicionar a súa futura empresa. A dito evento asistiron 32 persoas, mentres que no concurso participaron 12 emprendedores/as.

A asociación cultural alfombristas de San Xoanciño de Ames participou no proxecto virtual internacional Ephemeral Art Tokio 2020, organizado pola Coordinadora Internacional de entidades de alfombristas de arte efémero, no que participaron 26 delegacións que elaboraron diferentes alfombras. A asociación de alfombristas amesá elaborou a súa propia alfombra floral. Este proxecto foi creado pola comisión de proxectos da Coordinadora, especialmente para os días que debía de celebrarse o Congreso de Arte efémero en Tokio, anulado pola crise sanitaria da Covid-19.

A Coordinadora Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efémero organizou unha actividade na que cada unha das asociacións de alfombristas participantes elaborou un traballo dende a súa propia casa. Baixo o nome “Momento de Solidariedade”, as asociacións de alfombristas de Galicia, integradas na Federación de Asociacións de Alfombristas de Arte Efémera de Galicia (FAGAARTE) participaron neste proxecto, coa participación dun total de 20 alfombristas de toda Galicia, 100 en todo o mundo.

A asociación deportiva Rutasapie organiza para a próxima fin de semana, do 25 ao 28 de xullo,  unhas rutas de sendeirismo polos Picos de Europa. A actividade divídese en catro xornadas nas que os asistentes poderán percorrer e gozar de diferentes paraxes como La Hermida, Sierra de Bejes, Tresviso, o canal do río Urdón, Sotres, Urriellu, Cabrones ou Poncebos. Serán catro andainas de dificultade moderada, cun prezo de 247 euros para persoas non federadas, e de 235 euros para as que si o están. A viaxe inclúe aloxamento con cea e almorzo. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo clubrutasapie@gmail.com ou chamar ao teléfono 628 287 957.

O GDR 19 Asociación Terras de Compostela está organizando un plan de formación sobre “Transformación e conservación de produtos agrarios”. Esta actividade enmárcase dentro da medida Leader 2014-2020. Realizarase os días 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de setembro, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas, no centro sociocultural do Castiñeiriño. Para reservar praza no curso hai que chamar ao número de teléfono 981 81 83 57 ou enviar un correo electrónico ao enderezo info@terrasdecompostela.org.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este luns, 19 de outubro, ás 20.30 horas, a presentación do Plan ReactivAmes, que conta con 99 medidas de reactivación económica e social para o concello de Ames. Para desenvolver dito Plan o Concello de Ames destina 7.071.620 euros. Dentro de ditas medidas inclúense 57 medidas de inversión en obra pública, 13 medidas de promoción económica, 12 medidas de índole social, 6 medidas no ámbito tecnolóxico, 4 medidas relacionadas coa administración e Goberno local, 4 medidas fiscais e 3 medidas de seguridade e saúde. Dende o pasado mes de maio está activo un portal web informativo do Plan ReactivAmes, onde se recollen as medidas locais e medidas económicas que xa se adoptaron e que se irán executando no concello de Ames ante a nova realidade económica e social derivada da crise sanitaria da Covid-19.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, acaba de expoñer na Casa da Cultura do Milladoiro unha selección de fotografías que se presentaron á campaña “Ilumina o teu sorriso”, organizada dentro da programación de Nadal de 2019 polas asociacións de comerciantes e empresarios Palmira Bulebar, a Asociación de Pequenos Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames. Dita mostra, que está composta por arredor de 40 fotografías, estará exposta no Milladoiro ata o 15 de marzo. Despois trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns do 17 ao 31 de marzo.

Este venres, 23 de outubro, celebrouse de forma extraordinaria e urxente a comisión informativa permanente de economía e facenda e especial de contas para abordar a derrogación da ordenanza fiscal que regula a taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes do Concello de Ames. A aprobación provisional da derrogación de dita ordenanza foi ditaminada favorablemente. O obxectivo do Goberno municipal é derogar dita ordenanza para que os vendedores ambulantes poidan afrontar a crise económica provocada pola pandemia da Covid-19.

Eventos del departamento

Milladoiro e Bertamiráns acollen este sábado a actividade de Coches a pedais.

Os horarios e os espazos nos que se instalará o circuíto son os seguintes:
Milladoiro: Praza de Manuel Murguía entre as 12:00 e as 14:00 horas.
Bertamiráns: Rúa do Ameneiral entre as 18 e as 20 horas.

A actividade é de balde.
Poden participar rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.

Actividade organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Estarán instalados no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Inchables dirixidos a nenos de 6 a 16 anos.

Co obxectivo de dinamizar o Comercio Local, a concellaría de Comercio organiza para o venres 3 de xullo e o sábado, 4 obradoiros de conciliación e actividades de animación de rúa.

A carpa multimedia estará instalada no anexo do pavillón de deportes do Milladoiro e está destinada a todos os públicos.

A carpa multimedia estará instala no anexo do pavillón de deportes do Milladoiro. Para todos os públicos.

A carpa multimedia estará na Aula Multiactividades, na Casa da Cultura de Bertamiráns. É unha actividade dirixida a todos os públicos.

A carpa multimedia estará na Aula Multiactividades, na Casa da Cultura de Bertamiráns. É unha actividade dirixida a todos os públicos.

Actividade para os máis pequenos con coches a pedais que se desenvolverá na Praza de Chavián en Bertamiráns. Destinado a nenas e nenos de 6 a 16 anos.

Creación da árbore de Nadal cos Alfombristas de Ames con materiais da natureza. Terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns pola mañá e na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro pola tarde.

É unha actividade para nenos de entre 8 a 15 anos. Para asistir é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal. O prazo remata o 18 de decembro.

A praza de Manuel Murguía no Milladoiro acolle hoxe ás 20:00 un concerto do dúo Eva e Camilo. A actividade encádrase dentro do programa AmesON, a través do cal o Concello traballa para dinamizar os sectores comercial e cultural de Ames. O concerto é de balde até completar aforo e realízase seguindo todas as normas de seguridade que impón a loita contra o COVID19.