Actualidad

Por ejemplo, 01-08-2026
Por ejemplo, 01-08-2026
Miércoles, 22 de julio de 2026
O Concello de Ames aproba a concesión de 30.810 euros en axudas para a promoción do comercio local

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado xoves, 2 de xullo, a concesión de axudas relativas á promoción do comercio local do exercicio 2026. O obxectivo destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal. Deste xeito, concédense tanto axudas para a promoción comercial como para infraestruturas. As asociacións beneficiarias son a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro, entre as que se repartirán un total de 30.810,83 euros.

Lunes, 06 de julio de 2026
Binarial representará ao concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”

O Concello de Ames participará un ano máis no encontro “Innpulso Emprende 2026”, organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU). Ames forma parte desta rede dende o ano 2018. O evento celebrarase os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa. O proxecto que representará ao noso municipio nesta edición será presentado por persoal da empresa tecnolóxica situada no Milladoiro, Binarial. Esta entidade traballa no desenvolvemento de robótica aplicada á industria.

Martes, 30 de junio de 2026
A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) impulsa a campaña «Pechamos» para poñer en valor o comercio local

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) presenta a campaña «Pechamos», unha iniciativa coa que pretende sensibilizar a cidadanía sobre o papel fundamental que desempeña o comercio local na vida diaria de Ames. A acción desenvólvese hoxe, 30 de xuño, coincidindo coa antesala das rebaixas de verán, unha das épocas de maior actividade para o sector.  

Sábado, 06 de junio de 2026
Aberto o prazo para que os establecementos comerciais e empresas revisen os seus datos na Guía de Empresas do Concello de Ames

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, creou a Guía de Empresas de Ames, un proxecto que parte co obxectivo de ofrecer a empresarios e usuarios amesáns unha base de datos das empresas e do comercio local. Baixo o slogan “Tes que estar!” a Administración local busca achegar o comercio local á veciñanza mediante esta plataforma dixital, que permite localizar empresas, comercios e locais de hostalería de maneira sinxela dende a rede. O aplicativo será público e accesible a través da web do Concello. Na actualidade, está aberto o prazo para altas de novos establecementos e corrección de posibles erros.

Martes, 02 de junio de 2026
A Xuntanza de Empresarios e os hostaleiros amesáns presentan unha campaña de concienciación para fomentar o respecto ao descanso veciñal e responsable

A Asociación Xuntanza de Empresarios presentou este luns, 1 de xuño, no parque do Ameneiral, a súa nova campaña de concienciación social baixo o lema Éche un falar miudiño. Respecta os teus veciñ@s. Charla baixiño, unha iniciativa destinada a promover o respecto aos niveis de ruído permitidos e a reforzar a convivencia entre a actividade hostaleira, a veciñanza e as persoas usuarias dos establecementos. A iniciativa busca implicar á hostalaría, á veciñanza e ás persoas consumidoras na promoción dun ocio respectuoso e compatible coa convivencia.

Domingo, 31 de mayo de 2026
O alcalde e a concelleira de Promoción Económica visitan a sede de Iluminaciones Santiaguesas

O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, visitaron o pasado mércores a sede de Iluminaciones Santiaguesas, situada no lugar da Agrela. Iluminaciones Santiaguesas é unha empresa fundada en 1992 dedicada á instalación, mantemento e fabricación de estruturas de alumeado e conta cun equipo de persoal de 30 traballadores e traballadoras que segue en crecemento ano tras ano. Actualmente, a empresa está comandada pola segunda xeración. 

Martes, 26 de mayo de 2026
O espazo colaborativo A Proa convértese no epicentro do emprendemento a través da Startup Europe Week

Durante toda a mañá de hoxe, o espazo colaborativo A Proa, localizado no parque empresarial do Milladoiro, acolleu unha xornada de portas abertas co gallo da Startup Europe Week, que se está a celebrar do 25 ao 29 de maio. As persoas asistentes puideron ver como é traballar en Espazo A Proa e coñecer a comunidade emprendedora do emprazamento. Durante a xornada tamén se impartiu a charla formativa “Emprender sen filtros: compartindo os erros que máis ensinan”, nun encontro no que estiveron presentes os técnicos municipais xunto coa concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz.

Domingo, 24 de mayo de 2026
O espazo colaborativo A Proa acolle unha xornada aberta ao público con motivo da Startup Europe Week

O vindeiro martes, 26 de maio, o espazo colaborativo A Proa acolle unha xornada aberta ao público con motivo da Startup Europe Week, que se celebra do 25 ao 29 de maio. As persoas que o desexen poderán achegarse de 9:00 a 14:00 horas, para probar como é traballar en Espazo A Proa e coñecer a comunidade emprendedora do espazo. O obxectivo principal é amosar ás persoas emprendedoras locais os recursos e o apoio dispoñible no seu propio territorio para axudalas a prosperar. Durante a xornada participarán os técnicos municipais e as autoridades do Concello de Ames para presentar iniciativas e recursos de apoio ao emprendemento no municipio. Ademais, impartirase a charla formativa “Emprender sen filtros: compartindo os erros que máis ensinan”.

Domingo, 03 de mayo de 2026
Ames esperta o interese do sector audiovisual como escenario de producións cinematográficas

O Concello de Ames está a rexistrar ao longo de 2026 un crecente interese por parte da industria audiovisual, con múltiples solicitudes de rodaxe en distintos puntos do municipio. Esta tendencia consolida o posicionamento de Ames como un escenario atractivo e versátil para producións cinematográficas e televisivas.

Viernes, 01 de mayo de 2026
O bazar de Bertamiráns Eva Hogar acolle o proxecto “World Kids Colouring Day”

O bazar amesán Eva Hogar foi seleccionado pola empresa de papelería alemá STAEDTLER como punto de coordinación do “World Kids Colouring Day”, un proxecto solidario dirixido, a través das escolas, ás crianzas do municipio e que ten como temática o fútbol e os amigos. Do 1 de abril ao 15 de xuño, e baixo o lema “Football, Friends & Colouring Fan”, os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poden elaborar os seus debuxos e contribuír nesta campaña que ten como obxectivo fomentar a educación das nenas en Malaui, baixo a plataforma Education Makes Girls Strong. A esta iniciativa sumáronse os CEIP da Maía e Agro do Muíño. Ademais, pode participar de xeito individual o resto de alumnado de Ames.