Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

A segunda edición do concurso “Canta con Ames” comezou o pasado venres, 1 de xullo, no Milladoiro, coa primeira xornada da fase de preselección, que se realizou na praza de Manuel Murguía e na que participaron 11 persoas. A segunda xornada de preselección realizouse o venres, 8 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, no que actuaron outros 14 participantes. En total, nesta edición inscribíronse un total de 25 participantes de 7 a 74 anos, repartidos nas categorías infantil, xuvenil, sénior e súper sénior. Tralas dúas xornadas de preselección o xurado xa decidiu que 20 persoas pasan á semifinal que se vai desenvolver o 6 de agosto, ás 19.30h, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro.

A praza de Manuel Murguía no Milladoiro acolleu o pasado venres, 4 de agosto, a semifinal da terceira edición do concurso Canta con Ames. Dos 20 aspirantes, o xurado escolleu aos 12 seleccionados para pasar á final. Esta xornada do Canta con Ames contou, ademais, cunha convidada de excepción, María Iglesias, gañadora da categoría xuvenil da pasada edición do Canta con Ames que interpretou un tema. A final do concurso vaise celebrar o sábado 26 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora é Loly Gómez.

Ames, 4 de agosto de 2024.- Máis de 400 persoas se congregaron este sábado na praza de Manuel Murguía para desfrutar da semifinal da cuarta edición do concurso Canta con Ames. Dos 20 aspirantes, o xurado escolleu a 12 concursantes que son os que pasan á final. Esta xornada do Canta con Ames contou, ademais, cunha convidada de excepción, Antía Holovat, gañadora da categoría infantil da pasada edición do Canta con Ames, que interpretou un tema. A final do concurso vaise celebrar o vindeiro domingo, 11 de agosto, ás 19.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora é Loly Gómez. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de imaxes da semifinal.

A praza de Manuel Murguía no Milladoiro acolleu este sábado día 6 de agosto a semifinal do “Canta con Ames”. De entre os vinte participantes, o xurado escolleu aos 12 seleccionados para pasar á final. Esta xornada do “Canta con Ames” contou, ademais, con dúas convidadas de excepción, Carmen e Lara; as gañadoras da categoría infantil e xuvenil respectivamente da pasada edición do Canta con Ames que interpretaron un tema. A final do concurso vaise celebrar o 27 de agosto en Bertamiráns.

Onte o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a gala de entrega de premios da sexta edición do certame fotográfico do parque empresarial do Milladoiro, na que se deron a coñecer os gañadores e gañadoras deste ano. A xornalista Salomé Beiroa foi a encargada de presentar a gala. Estivo acompañada polo humorista Pablo Rios que, a través do seu personaxe da Avoa Eufrasia, comentou unha a unha todas as fotografías. Acudiron á gala a meirande parte dos participantes no concurso. Repartíronse 700 euros en premios. Os galardoados na categoría infantil foron Alejandra Santos e Iria López, e Carolina Castro, Daniel Lado e Diego Espiña que participaban na categoría absoluta.

A Casa do Concello acolleu este xoves, 8 de febreiro, o acto de entrega de premios ás gañadoras e gañadores do XVIII concurso de escaparates de Nadal e do II concurso de decoración de Nadal veciñal. O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o técnico do departamento de Promoción Económica, Jorge Couñago , foron os encargados de repartir os galardóns, que consistiron nuns trofeos e diplomas. En total repartíronse 6.000 euros entre os gañadores/as. No concurso de escaparates repartíronse catro premios dotados cun total de 4.000 euros (1.500 euros para o primeiro, 1.100 para o segundo, 800 para o terceiro e 600 para o cuarto), mentres que no concurso de decoración veciñal repartíronse outros catro premios de 500 euros cada un.

O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica, organizou o pasado mes de decembro unha edición máis do concurso de escaparates de Nadal, e puxo en marcha, por primeira vez, o certame de decoración de Nadal veciñal. As iniciativas tiñan como obxectivo animar a que a veciñanza colaborase na ornamentación do concello e incentivar as compras nos comercios locais. O xurado, composto por catro persoas (representantes da Oficina municipal de Voluntariado de Ames, da Aula da Natureza, de Protección Civil e da Unión de Consumidores de Galicia), elixiu xa as mellores catro propostas de ambos concursos. En total repartiranse 6.000 euros entre os gañadores. A entrega de premios realizarase o vindeiro luns, día 13 de febreiro, ás 19:30 horas, na Casa do Concello. 

O pasado venres, 21 de xullo, comezou unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección que se desenvolveu na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A segunda xornada de preselección realizouse o sábado, 29 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Nesta edición participan 24 persoas de Ames e doutros concellos como Santiago de Compostela, Vigo, Arteixo, Cee, Corcubión, Silleda e Ordes. Na segunda xornada de preselección déronse a coñecer os/as 20 participantes que pasan á semifinal do 4 de agosto, que se vai celebrar na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A final celebrarase o sábado 26 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora é Loly Gómez.

A Concellaría de Promoción Económica xa dispón dos primeiros datos sobre a evolución da campaña de tarxetas bono Ames Progresa que comezou o pasado 1 de marzo. Do 1 ao 17 de marzo xa se realizaron un total de 1.842 operacións nos establecementos adheridos o que xerou un volume de negocio de 45.432 euros. O saldo restante nas tarxetas ascende a 82.118 euros. As tarxetas poden empregarse ata o 30 de abril para facer compras nos 219 establecementos adheridos á campaña. Nesta campaña están en circulación un total de 1.611 tarxetas (940 de 100 euros e 671 de 50 euros), o que supón un volume de negocio total de 127.550 euros.

A  Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza con motivo das festas de Entroido un evento para amenizar as compras no comercio local mentres se goza do Entroido, no que os comercios de Ames se disfrazarán cunha temática común. Ademais, habilitaranse dúas carpas na Praza da Maía en horario de 17.00 a 19.00 horas nas que haberá degustación de pratos típicos desta festividade, fotomatón e batucada. Como broche final, o sorteo de 15 cheques por valor de 20 euros.

Eventos del departamento

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.