Solapas principales

>“Fase Festa”, con Pepo Suevos, no Milladoiro

Viernes, 28 agosto, 2020
Ás 20:00 horas

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.

A cita é hoxe, ás 20:00 horas, na praza da Madalena do Milladoiro. O evento é de balde até completar aforamento. A actuación encádrase no programa dinamización da economía e a cultura de Ames AmesON.