Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

O Concello de Ames colabora na organización da primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que se realizará o vindeiro venres 30 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, co obxectivo de recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Na actualidade hai preto de 100 persoas inscritas para participar en dito evento. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, lembra que está aberto o prazo para inscribirse na primeira edición do concurso Baila con Ames. O prazo de inscrición para participar no certame está aberto ata o vindeiro 10 de xuño. Existen dúas categorías: individual ou parellas; e grupos de 3 a 12 persoas. Non hai límite de idade para participar. Repartiranse 2.500 euros en premios. Haberá unha fase de preselección no Milladoiro o 21 de xuño e a final farase en Bertamiráns o 31 de agosto na pista de deportes da praza de Chavián.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, lembra que está aberto o prazo para inscribirse na segunda edición do concurso Canta con Ames. O prazo de inscrición para participar no certame está aberto ata o vindeiro 13 de xuño. Existen catro categorías: infantil, ata os 12 anos; xuvenil, de 13 a 20 anos; sénior, de 21 a 40 anos; e súper sénior, de 41 en diante. O concurso está composto de varias fases, que se desenvolverán do 1 de xullo, momento no que comezará a fase de preselección, ao 27 de agosto coa gran final. O certame estará presentado pola xornalista Loli Gómez. O cartel do concurso foi deseñado por Antía Montero Segade, que ten 15 anos e é veciña do Milladoiro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa que o 20 de outubro remata o prazo de inscrición para participar na primeira edición do concurso de decoración de Samaín. Tratase dunha nova iniciativa que se pon en marcha por primeira vez para fomentar o comercio local de Ames nunha das noites de maior consumo de todo o ano xunto coa de fin de ano. Repartiranse 2.000 euros en premios: 1.000 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 400 para o terceiro. A decoración deberá estar exposta como mínimo dende o luns 28 de outubro ata o domingo 3 e novembro. O motivo e decoración dos escaparates terán como tema principal a festa do Samaín.

O GDR 19 Asociación Terras de Compostela está organizando un plan de formación sobre “Transformación e conservación de produtos agrarios”. Esta actividade enmárcase dentro da medida Leader 2014-2020. Realizarase os días 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de setembro, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas, no centro sociocultural do Castiñeiriño. Para reservar praza no curso hai que chamar ao número de teléfono 981 81 83 57 ou enviar un correo electrónico ao enderezo info@terrasdecompostela.org.

Este luns, 20 de decembro, ás 14.00 horas, remata o prazo de inscrición para participar na décimo sexta edición do Concurso de Escaparates do Concello de Ames. Entre as persoas gañadoras repartirase un total de 3.400 euros, o que supón un aumento de 900 euros con respecto á dotación da edición anterior. As inscricións para o certame pódense facer presentando esta solicitude nos diferentes rexistros municipais ou na Sede electrónica do Concello. O xurado valorará as montaxes pola súa capacidade de atracción, a orixinalidade, e a elaboración propia, así como o emprego de obxectos propios ou de materiais de refugallo.

O vindeiro 5 de decembro, ás 14:00 horas, remata o prazo para inscribirse nos dous concurso de decoración de Nadal organizados polo Concello de Ames. Nesta edición poderanse decorar escaparates comerciais, fachadas, balcóns, fiestras e xardíns de edificios e vivendas particulares. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude nos rexistros municipais ou a través da Sede electrónica do Concello. Repartirase un total de 6.000 euros (4.000 euros no concurso de escaparates, e 2.000 no de decoración veciñal), divididos en oito premios (haberá catro premios por concurso).

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas para proxectos emprendedores para a creación ou ampliación de pequenas empresas galegas, ou cun centro de traballo en Galicia, e para proxectos de Re-emprendemento. O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o luns 22 de febreiro. O/as interesado/as deberán cubrir un formulario electrónico a través da aplicación establecida neste enlace.

Dende o departamento de Promoción Económica, anímase á veciñanza de Ames a presentarse a segunda edición da campaña” Ilumina o teu sorriso”, cuxo obxectivo é promocionar o concello local. Sortearase un teléfono móbil de última xeración e un circuíto de Spa doados por Centro Dental Macía. Para participar, o prazo de inscrición está aberto até o xoves 7 de xaneiro, haberá que facer dúas fotos nas que apareza a iluminación de Nadal de dous destes catro lugares: das prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, e das prazas de Manuel Murguía e da Madalena, no Milladoiro. Consulta aquí as bases do concurso.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que está próximo a finalizar o prazo para presentar solicitudes á convocatoria de axudas do plan Ames Progresa. Esta liña de subvencións está dirixida ao mantemento do emprego e do tecido empresarial local. Poden presentarse a elas as empresas e profesionais autónomos, que pecharon parcialmente entre os meses de xaneiro e outubro de 2021, por mor da situación epidemiolóxica e das restricións vixentes no momento do peche. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 20 de febreiro. O Concello investirá 120.000 euros nestas subvencións, que serán dun máximo de 1.500 euros.

Eventos del departamento

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.