Pestanas principais

Departamento de Normalización Lingüística

    • Enderezo: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Obxectivo principal do servizo:
      • Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos municipais.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames recibe unha subvención anual para gastos de persoal da Deputación da Coruña e outra da Xunta de Galicia.

Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesorar e colaborar coa planificación lingüística do Concello de Ames
    • Promover actuacións para aumentar o uso do galego no ámbito municipal, de acordo coa normativa vixente, e entre a veciñanza
    • Contribuír á formación lingüística da veciñanza e do persoal municipal
    • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello de Ames
    • Informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos da veciñanza e deberes lingüísticos municipais
    • Asesorar sobre cuestións lingüísticas á veciñanza e ao persoal municipal

Novas do departamento

O Concello de Ames vén de presentar a plataforma web #galegoempresas, un directorio gratuíto que ten como obxectivo ofrecer unha maior visibilidade entre a poboación ás empresas ou negocios da contorna que ofrezan produtos e/ou servizos en galego. A presentación tivo lugar esta tarde, ás 16.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello de Bertamiráns, nun acto a cargo das concelleiras en funcións de Normalización Lingüística, Isabel Vaquero, e de Promoción Económica, Isabel González, así como do técnico da empresa Ágora Aberta, encargado da elaboración desta plataforma web, Óscar Maceira. Ao acto tamén acudiron os/as técnicos/as de Ames, Rosa Moreiras, técnica de Normalización Lingüística, e Jorge Couñago, técnico de Promoción Económica.

O prazo de entrega de traballos para o Certame Literario de Ames interrompeuse o mesmo día que se declarou o estado de alarma polo coronavirus, e amplíase tantos días como duren as restricións de mobilidade. Debido á aprobación da nova prórroga, o prazo de entrega de traballos para o Certame Literario amplíase ata o 14 de maio, este incluído. Pero esta data non é definitiva e poderá ser obxecto de ampliación se fose aprobada unha nova prórroga.

O prazo de presentación de traballos ao XVII Certame Literario do Concello de Ames, que estaba previsto que rematara o 1 de abril, amplíase tantos días como dure o confinamento. É dicir, como de momento está previsto que sexan catro semanas, o prazo ampliaríase ata o 29 de abril, aínda que esta nova data estará suxeita a modificación, se o estado de alarma alonga máis no tempo. 

Arredor de 450 persoas reuníronse o pasado venres pola tarde na Casa da Cultura para recibir o Apalpador, que visitou Ames xunto ao Pandigueiro e a Banda da Montaña. Estiveron acompañados da música do Ce Orquestra Pantasma. A figura tradicional do Nadal galego, interpretada por Anxo Moure, agasallou á cativada con contos, cantos e cunha amizade de por vida. As nenas e nenos que visitaron ao Apalpador levaron consigo unhas pequenas árbores traídas da Serra do Courel, que deberán coidar falándolles e plantándoas nun bo lugar, para botar raíces fortes e medrar xuntos e xuntas.

O Enreguéifate volve confirmar a súa boa acollida nesta nova edición do seu certame de regueifas en vídeo, que pechou a convocatoria cun total de 84 vídeos inscritos entre as dúas categorías do concurso (escolar e xeral). A diversidade das propostas recibidas pon de manifesto a capacidade dos xéneros de improvisación oral en galego para adaptarse, medrar e conectar coas novas xeracións. No concello de Ames participaron arredor de 60 alumnos/as, xunto co seu profesorado, dos CEIP A Maía, Agro do Muíño e Barouta, e do IES do Milladoiro. A novena edición do certame foi impulsada polos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. Os vídeos premiados poden verse na web do certame ou na canle de Youtube.

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Turismo e Normalización Lingüística, organizou un ano máis esta ruta polo Mar de Ovellas, incluída na programación de Rosalía 2026. Deste xeito, 55 persoas participaron o pasado domingo, 7 de xuño, nesta andaina teatralizada polo grupo Os Quinquilláns e pola regueifeira Lupe Blanco. A ruta partiu de Augapesada e rematou no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos. 

Este martes, 7 de marzo, púxose en marcha a XI edición do Club de Debate en Ames, cunha xornada de formación da que formou parte o alumnado participante de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato dos institutos de Bertamiráns, do Milladoiro e de Rois. Este ano presentáronse ao certame 1 equipo do IES do Milladoiro e 2 do IES de Ames. En dita xornada impartíronse nocións para orientar a práctica de habilitades comunicativas co fin de activar, motivar e ofrecer recursos para mellorar as intervencións orais públicas. 

O Concello de Ames participa un ano máis no proxecto Youtubeir@s cos obxectivos de fomentar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e de darlle visibilidade á produción en galego na rede e á comunidade youtubeira. Repartiranse un total de 7.500 euros en premios, cun incremento de 1.000 euros con respecto á pasada edición.

O Concello de Ames conmemorou este mércores, 23 de febreiro, no Milladoiro, o aniversario da poetisa Rosalía de Castro, cun acto de homenaxe e a inauguración do mural “As Rosalías”, un novo traballo de Yoseba Muruzábal. Alumado do IES do Milladoiro e a actriz, Patricia de Lorenzo, participaron no acto lendo unha escolma de poemas rosalianos. Ademais, houbo dúas actuacións musicais a cargo do colectivo Euterpe e de Xiana Lorenzo, todos eles/elas alumnado do instituto do Milladoiro, que estiveron acompañados/as ao acordeón por Manolo Maseda, profesor de música deste centro de ensino. En todos os centros educativos do concello realizáronse actividades variadas para conmemorar o Día de Rosalía. Preme aquí para ver a galería de imaxes do Día de Rosalía 2022.

Dende este mércores, 12 de maio, os veciños e veciñas de Ames poderán gozar da exposición “Xela Arias, desde nós en ti” en escaparates de Bertamiráns e do Milladoiro. Os versos da escritora, escolmados e ilustrados polo alumnado do IES Plurilingüe de Ames e editados pola Concellaría de Normalización Lingüística, estarán expostos ata o 31 de maio. Ademais, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle, desde hoxe mesmo,  a exposición “Abecedáriome”, premiada na categoríoa B do concurso-exposición Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia.

Eventos del departamento

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística, Turismo e Bibliotecas presentou esta mañá a programación das actividades que se levarán a cabo durante os mes de febreiro para conmemorar o Mes de Rosalía. O obxectivo é difundir a obra e o pensamento rosaliano e pór en valor os enormes vínculos que a escritora ten co Concello de Ames. A principal novidade deste ano é a creación da Rede de Rosalía, unha proposta para compartir vídeos ou publicacións con versos rosalianos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes e ir tecendo colectivamente a rede de Rosalía. Pódese consultar a programación completa premendo na seguinte ligazón.

A gala homenaxe a Rosalía de Castro celebrarase o próximo 28 de febreiro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. sta gala é un acto participativo no que poderemos gozar de dramatizacións, poesía, proxeccións audiovisuais, humor e música, que nos achegarán ás diferentes facetas de Rosalía. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

O Concello de Ames súmase un ano máis á conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis universais de Galicia e que, ademais, foi veciña da aldea da Tarroeira, na parroquia de Ortoño, durante unha parte da súa infancia. A programación deste ano, como vén sendo habitual, busca a participación da veciñanza, ofertando unha ampla variedade de actividades para todas as idades, mais poñendo o foco na poboación máis nova. Deste xeito, a programación deste ano pretende estimular e dinamizar o uso do galego entre a mocidade amesá, poñendo en valor e achegándolles referentes en canto ao uso da nosa lingua.

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a sétima edición da Gala de Premios Lingua e Empresa o xoves 12 de decembro ás 20.30 horas, unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística e do departamento de Promoción Económica, que ten como obxectivo premiar ao uso da lingua galega entre o tecido comercial de Ames. Este ano presentáronse 34 empresas, unha máis que na pasada edición do 2023, consolidando así estes premios como un incentivo para promover o galego entre os negocios amesáns. A gala estará conducida polos integrantes do grupo Os da Ría, recoñecidos por promover e defender o uso da lingua galega desde a música e o humor. A entrada é de balde ata completar aforo.

Chega a Ames o contacontos de Celso Fernández Sanmartín. Será o venres 8 de novembro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Hai dúas sesións, unha primeira ás 17.00h e outra ás 18.00h. Está dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos e o límite de familias por sesión é de 30. A entrada é de balde pero necesítase inscrición previa, do 30 de outubro ao 7 de novembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

O programa Apego prosegue coas súas propostas durante o mes de novembro. Desta volta, ábrese a inscrición para participar no espectáculo de estimulación sonora “O son que me arrola”, da Asociación Antonio Gandoy, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina o venres 1 de decembro, ás 18.00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal ata o 30 de novembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o último semestre do 2023 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O venres 3 de maio, ás 18:00 horas, a Fundación Legar levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Arrolar". Dirixido a familias con crianzas de 0 a 2 anos, trátase dun obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequechiñas e as persoas adultas a través do canto. Nel aprenderán arrolos e outras cantigas que
servirán como ferramentas de relaxación para crear espazos de calma.

O xoves 22 de febreiro, ás 18:00 horas, Leticia Falcón levará á Casa da Cultura do Milladoiro o obradoiro "Música e Rosalía". Dirixido a nenos de 0 a 6 anos, trátase dun obradoiro de estimulación musical temperá para achegar as crianzas á música e á lingua a través de Rosalía. As familias asistentes coñecerán novos e sinxelos métodos para integrar a música e a lingua nas súas actividades cotiás

O venres 12 de abril, ás 17:30 horas,  Alouette Machine levarán Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Os superpoderes das aves". Dirixido a nenos a partir de 3 anos, trátase dun obradoiro de imprenta creativa para achegarnos ao funcionamento dunha imprenta e ao mundo das aves que nos rodean, poñendo en valor o uso da lingua e o noso patrimonio cultural e ambiental. Cada crianza elaborará a súa propia postal

Obradoiro impartido por Gloria Mosquera e Diego Maceiras no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Destinado a futuros papás e mamás e familias de nenos de 0 a 3 anos.

A entrada é de balde. Necesario inscribirse do 14 ao 21 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.