Pestanas principais

Arte urbana, música e poemas rosalianos para celebrar o día de Rosalía en Ames

Xoves, 24 de febreiro de 2022

O Concello de Ames conmemorou este mércores, 23 de febreiro, no Milladoiro, o aniversario da poetisa Rosalía de Castro, cun acto de homenaxe e a inauguración do mural “As Rosalías”, un novo traballo de Yoseba Muruzábal. Alumado do IES do Milladoiro e a actriz, Patricia de Lorenzo, participaron no acto lendo unha escolma de poemas rosalianos. Ademais, houbo dúas actuacións musicais a cargo do colectivo Euterpe e de Xiana Lorenzo, todos eles/elas alumnado do instituto do Milladoiro, que estiveron acompañados/as ao acordeón por Manolo Maseda, profesor de música deste centro de ensino. En todos os centros educativos do concello realizáronse actividades variadas para conmemorar o Día de Rosalía. Preme aquí para ver a galería de imaxes do Día de Rosalía 2022.

A concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, foi a encargada de abrir o acto. Escarlata dixo que “moitos dos valores que defendeu Rosalía seguen vixentes na actualidade como son o compromiso, feminismo, igualdade, lingua, identidade e moito amor polo país. Agardo que estes valores que Rosalía nos transmitiu na súa obra sexan os valores que iluminen o camiño da mocidade amesá e se convertan nos piares que sosteñan a nosa sociedade”.

Escarlata Pampín rematou coa frase coa que finaliza o manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega, escrito este ano por Beatriz Maceda Abeleira, “cosamos cos fíos da lingua na que entendemos, debatemos, amamos e enliñemos as nosas ideas e os nosos pensamentos”.

A continuación interviu o alcalde de Ames, Blas García, que incidiu “na defensa da lingua, o valor máis importante que ten a nosa cultura”. Ademais, animou a mocidade “a falar e cantar en galego todos os días do ano e non só o día que se celebra o aniversario de Rosalía, porque esa é a maneira de seguir conservando e poñendo en valor o tesouro máis importante que temos na nosa terra que é o galego”.

De seguido, seis rapazas que cursan de segundo da ESO do IES do Milladoiro (Uxía Reyes, Paula Lourido, Marta Mayo, Sara Martínez, Paula Mosquera e Rosa Mosquera) leron o manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Estas seis rapazas tamén recitaron varios poemas da autora homenaxeada.

Mural As Rosalías
A actriz e veciña de Ames, Patricia de Lorenzo, tamén lle puxo voz a textos rosalianos. Ela é unha das Rosalías que representou Yoseba Muruzábal no mural inaugurado onte na entrada da Casa da Cultura do Milladoiro. Yoseba empregou a imaxe da actriz recollendo o premio María Casares 2014 á mellor actriz secundaria por Eurozone da compañía teatral Chévere .

O mural “As Rosalías” é obra do muralista cambrés Yoseba Muruzábal, que con este proxecto dá continuidade a unha iniciativa que comezou en 2021, cunha creación similar na Casa de Barbazán, en Bertamiráns. En ambos os proxectos, Muruzábal busca mostrar á autora máis importante da nosa literatura como unha figura vixente e actual, comprometida coa igualdade, coa lingua e coa xustiza social.

Actuacións musicais
O acto finalizou con dúas actuacións musicais a cargo do alumnado do IES do Milladoiro e do profesor de música deste centro, Manolo Maseda. En primeiro lugar, actuou o colectivo Euterpe formado por Eloi Zabala, María Iglesias, Dora Iglesias e Erik Cadavid. De seguido foi a quenda de Xiana Lorenzo. Con esta actuación rematou o acto de homenaxe a Rosalía de Castro.

Preme aquí para ver a galería de imaxes do Día de Rosalía 2022

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "«As Rosalías» de Yoseba MP siguen repoblando los muros de Ames con representaciones modernas de Rosalía de Castro"

El Correo Gallego: "Actualizan a Rosalía con un mural al que cantan los alumnos de Milladoiro"

Imaxe do acto de Rosalía no Milladoiro

Multimedia

  • Imaxe do acto de Rosalía no Milladoiro

  • Yoseba Muruzábal elaborou o mural As Rosalías

  • En todos os centros educativos do concello realizáronse actividades variadas para conmemorar o Día de Rosalía