Pestanas principais

Obradoiro de lingua e cultura galega “En galego, co teu acento”

  • O obxectivo deste obradoiro é que as persoas que veñen a Ames de fóra de Galicia adquiran nocións básicas de lingua e cultura galegas, para contribuír á súa integración e á cohesión social, así como para facilitarlles a obtención dos certificados oficiais de lingua galega (CELGAS).
    Proporciona nocións básicas para a comprensión e a expresión oral e escrita da lingua galega; fomenta o achegamento á cultura e á historia de Galicia; dá a coñecer Ames, as infraestruturas e os servizos que ofrece; promove a cohesión social e a integración na sociedade galega e amesá; pon en valor a multiculturalidade de Ames e promove o intercambio cultural.
  • Destinatarios/as: Persoas procedentes de fóra de Galicia que vivan en Ames e a calquera persoa interesada en achegarse á lingua e á cultura galega.