Pestanas principais

>Obradoiro "Arrolar"

Venres, 3 maio, 2024
Ás 18:00 horas

O venres 3 de maio, ás 18:00 horas, a Fundación Legar levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Arrolar". Dirixido a familias con crianzas de 0 a 2 anos, trátase dun obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequechiñas e as persoas adultas a través do canto. Nel aprenderán arrolos e outras cantigas que
servirán como ferramentas de relaxación para crear espazos de calma.

É precisa inscrición previa, entre o 26 de abril e o 2 de maio, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.