Pestanas principais

Súmate ao programa Apego

Online
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE (FINALIDADE):

Sumarse ao programa Apego de dinamización lingüística

QUEN PODE FACELO:

Familias que estean agardando un bebé ou que teñan crianzas de 0 a 6 anos e que estean empadroadas no Concello de Ames

COMO SE FAI:

  • Cubrir o formulario Súmate ao Apego.
  • Desde o Servizo de Normalización Lingüística concertarase unha cita para explicar en que consiste o programa e os recursos que ofrece para as familias.
  • Nesa cita formalizarase a inscrición no programa.

CANDO:

  • Todo o ano

ONDE:

  • A través do formulario electrónico
  • A través do apartado Súmate da  páxina web http://apego.gal/

PREZO:

  • De balde

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:

CONCELLARÍA RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE

  • Ordenanza de impulso do uso do galego no Concello de Ames

INFORMACIÓN SUPLEMENTARIA

Súmete ao apego, sumádevos ao apego

Para as familias que queredes que a lingua galega forme parte da vosa vida, creamos o Proxecto Apego, para axudar a socializar en galego os nenos e nenas desde o nacemento e ata os 6 anos.

Podedes solicitar máis información enchendo este formulario.
Unha vez cuberto e recibidos os datos, desde o Servizo de Normalización Lingüístca (SNL) porémonos en contacto con vós para concertar unha cita, falarmos, explicarvos o proxecto e para que poidades inscribirvos formalmente e recibirdes os materiais de benvida.