Pestanas principais

Departamento de Normalización Lingüística

    • Enderezo: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Obxectivo principal do servizo:
      • Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos municipais.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames recibe unha subvención anual para gastos de persoal da Deputación da Coruña e outra da Xunta de Galicia.

Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesorar e colaborar coa planificación lingüística do Concello de Ames
    • Promover actuacións para aumentar o uso do galego no ámbito municipal, de acordo coa normativa vixente, e entre a veciñanza
    • Contribuír á formación lingüística da veciñanza e do persoal municipal
    • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello de Ames
    • Informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos da veciñanza e deberes lingüísticos municipais
    • Asesorar sobre cuestións lingüísticas á veciñanza e ao persoal municipal

Novas do departamento

O programa de dinamización lingüística e investigación promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames afronta a terceira edición cunha serie de actividades que reforzan o seu carácter lúdico e participativo. A iniciativa conta coa colaboración de artistas como as Tanxugueiras, Xabier Díaz ou Paco Nogueiras, encargados de lles presentar o reto diario aos nenos e nenas de infantil e primaria do municipio. Porén, a actividade axudou á reflexión e a unha maior consciencia sobre a posibilidade de usar o galego en todos os ámbitos.

O alcalde de Ames, José Miñones, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, e o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, participaron na tarde de onte no acto de apertura das I Xornadas de Toponimia no Ensino. Estas xornadas están organizadas polo Concello de Ames e pola Xunta de Galicia e contan coa colaboración da Real Academia Galega (RAG). A iniciativa amosa o valor dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística e xurdiu a raíz da publicación do traballo Toponimia de Ames, de Xosé Ramón López Boullón, que viu a luz grazas á colaboración do Concello de Ames co Seminario de Onomástica da RAG.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organizou o pasado sábado unha nova edición da Festa do Apego que se celebrou nas instalacións da Casa da Cultura de Bertamiráns e na praza de Chavián. Unha vez máis, a dita celebración contou cun gran éxito de participación. Centos de familias ateigaron as actividades e os espazos de xogos e de recursos. Na actualidade hai preto 400 familias amesás adheridas ao programa Apego, que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotos da xornada. 

O pasado sábado, 6 de xuño, o Pazo da Peregrina acolleu a sétima edición da Festa do Apego, unha xornada na que as familias e crianzas puideron gozar de diferentes propostas culturais, actividades, xogos e obradoiros para favorecer deste xeito á transmisión da lingua e unha crianza positiva, creativa e en galego. Pódese acceder á galería completa da festa do Apego nesta ligazón.

Coa técnica tradicional italiana do cantastorie, unha mestura a narración de historias, pintura en grandes lenzos e música, chega ao Pazo da Peregrina “O Chineiro da tía María” da man de Xandobela, educación e cultura. O próximo venres, 2 de outubro, ás 18.00 horas, as familias con crianzas a partir de 3 anos poderán asistir a esta nova actividade do Programa. A inscrición pode realizarse ata o vindeiro 1 de outubro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nomes e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

O certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, volve por quinto ano consecutivo co obxectivo de estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e visibilizar a comunidade galega na rede social TikTok. A rapazada a partir dos 13 anos poderá participar cos seus vídeos en galego ata o 4 de novembro, enviando a súa creación audiovisual, xunto con esta ficha de participación, ao enderezo electrónico galetiktokers24@gmail.com. Haberá seis premios de 300 euros cada un, que se repartirán nunha gala que terá lugar o 23 novembro de 2024. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases ao compelto do V Certame Galetiktokers.

Raquel Queizás, filóloga e actriz, estará o venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas, contando historias para familias con crianzas de 0 e 4 anos. A inscrición para esta actividade é de balde e pode realizarse desde hoxe ata o 24 de setembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

A Casa da Cultura de Negreira acolle este martes 5 e o mércores 6 de abril a fase clasificatoria do X Club de Debate. Nesta edición participan once equipos dos concellos de Ames, Cedeira, Dodro, Negreira, Pontevedra e Teo, con tres conxuntos do IES do Milladoiro e outros dous do IES de Ames. Ao longo das dúas xornadas, a rapazada de 1º de Bacharelato e de 3º e 4º da ESO debaterán sobre o tema “A liberdade individual está por riba dos intereses colectivos?”, defendendo ambas posturas a favor e en contra. Os tres equipos con maior puntuación de cada día pasarán á final, mentres que os dous primeiros recibirán premios de 500 e 300 euros.

O Festival Internacional de Cinema Infantil Cinema Miúdo continúa a medrar e a consolidar a súa proxección internacional. A oitava edición, que se celebrará do 13 ao 16 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta unha programación que une cinema de calidade, diversidade cultural e compromiso social. Os abonos para o festival, que teñen un prezo de 3 euros, están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Este martes, 29 de decembro, realizouse na sala de xuntanzas da Casa do Concello, a entrega dos galardóns ás empresas gañadoras do Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames. O xurado da terceira edición deste premio decidiu, por unanimidade, recoñecer o labor e o compromiso coa lingua de dúas empresas do Milladoiro, o Grupo Código Cero Comunicación, revista e web de novas tecnolóxicas de Galicia, e o Centro Óptico e Auditivo Ollar.

Eventos del departamento

O venres 12 de abril, ás 17:30 horas,  Alouette Machine levarán Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Os superpoderes das aves". Dirixido a nenos a partir de 3 anos, trátase dun obradoiro de imprenta creativa para achegarnos ao funcionamento dunha imprenta e ao mundo das aves que nos rodean, poñendo en valor o uso da lingua e o noso patrimonio cultural e ambiental. Cada crianza elaborará a súa propia postal

Obradoiro impartido por Gloria Mosquera e Diego Maceiras no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Destinado a futuros papás e mamás e familias de nenos de 0 a 3 anos.

A entrada é de balde. Necesario inscribirse do 14 ao 21 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, presenta o obradoiro  de cantos de berce "Arrolos de salitre". Este espectáculo infantil realizarase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o xoves 11 de marzo, ás 17.00 e ás 18.00 horas. Dirixido por Guillerme Fernández e Faia Díaz, as familias que teñena nenos e nenas de 0 a 2 anos de idade, aprenderán melodías para arrolar as crianzas con lingua, música e moito apego.

O venres 21 de xuño, ás 18:00 horas, Alouette Machine levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Fotografando as herbas de San Xoán". Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dun obradoiro no que se realizarán fotocomposicións empregando a luz do sol e a auga. Ademais servirán para ir aprendendo a recoñecer as herbas de san Xoán ao tempo que se pon en valor a lingua e o patrimonio cultural e ambiental.

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.

O venres 20 de setembro, ás 18:00 horas,  Arkhé espazo educativo chegarán á Casa da Cultura do Milladoiro co obradoiro de masaxes "Música na pel". Dirixido a familias con bebés que aínda non se despracen, trátase dunha actividade no que as familias aprenderán unha rutina de masaxes equilibrada entre movementos estimulantes e relaxantes, acompañados dunha mestura de arrolos, cancións tradicionais e xogos de tacto baseados nos principios da Music Learning Theorym.

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, presenta o obradoiro "Cantar, contar e xogar". Este espectáculo infantil realizarase na Casa da Cultura do Milladoiro, o martes 20 de abril, ás 18.00 horas. Dirixido por Bea Campos, esta actividade está orientada a nenos e nenas de ata 6 anos de idade.

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, presenta o obradoiro de de xogos musicais e debuxo rítmico. Este espectáculo infantil realizarase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o xoves 18 de marzo, ás 18.00 horas. Esta actividade dirixida por Mirari Urruzola, de Babaluva Teatro, está orientada a nenos e nenas de 2 a 4 anos de idade.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ames programa para o luns, 18 de novembro, a actividade Voces Violetas, encadrada dentro da campaña Nós Contra a Violencia. Terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e está destinada a nais, pais, persoal docente ou calquera outra persoa interesada. A entrada é de balde ata completar aforo e non se precisa inscrición previa.

Sesión discoteca con musica infantil para cantar e bailar. No Pazo da Peregrina, previa inscrición do 4 ao 12 de decembro. Actividade gratuíta.