Pestanas principais

Certame Literario Concello de Ames

O SNL organiza todos os anos un certame de narrativa e poesía en lingua galega co obxectivo de promover a creación artística na nosa lingua. Os traballos premiados recóllense nun libro antolóxico para cada edición, que se presenta no Día das Letras Galegas. Pode participar, de acordo coas bases, calquera persoa do mundo que presente a súa proposta inédita en galego.
 
O certame ten dúas modalidades, narrativa e poesía, e cada unha delas componse á vez de tres categorías, de xeito que poden participar persoas de calquera idade. As nenas e nenos de ata 13 anos poden concursar na primeira categoría; a segunda está dirixida á rapazada de entre 14 e 17, mentres que a terceira está dirixida ás persoas de 18 anos ou máis. Outórganse tres premios en metálico por cada unha destas franxas de idade en ambas as dúas modalidades, e edítase un libro colectivo con todos os textos premiados.