Pestanas principais

Departamento de Normalización Lingüística

    • Enderezo: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Normalización Lingüística
    • Responsable técnico: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Obxectivo  principal do servizo:
      • Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos municipais

 

Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesorar e colaborar coa planificación  lingüística do Concello de Ames
    • Promover actuacións para aumentar o uso do galego no ámbito municipal, de acordo coa normativa vixente, e entre a veciñanza
    • Contribuír á formación lingüística da veciñanza e do persoal municipal
    • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello de Ames
    • Informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos da veciñanza e deberes lingüísticos municipais
    • Asesorar sobre cuestións lingüísticas á veciñanza e ao persoal municipal

Novas do departamento

O Proxecto Youtubeir@s está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. Este programa ten o obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua.  Youtubeir@s encara neste outono o treito final desta terceira edición. Así, até o vindeiro 27 de setembro permanecerá aberto o prazo de inscrición para que todas as persoas creadoras de contidos en Youtube na nosa lingua poidan competir nos Premios Youtubeir@s, que neste 2019 repartirán  6.500 euros nas diferentes categorías en que se divide o certame.

A través do programa Apego, Cé Orquestra Pantasma volve a Ames coas xornadas “Brincadeiras Miudiñas”, nas que un inquedo xogueteiro irá guiando aos nenos e nenas no mundo dos xogos e os xoguetes miudiños a través de rimas, música, baile e manualidades. Así, o xogueteiro estará os días 28 de agosto e 4 de setembro no Milladoiro e os días 29 de agosto e 5 de setembro en Bertamiráns, en horario de 18.00 a 20.00 horas. Este é o segundo ano consecutivo que se realiza esta actividade durante a época estival no concello de Ames.

Dende o pasado 1 de outubro un grupo de 20 persoas está a participar no obradoiro de lingua e cultura “En galego, co teu acento!” que se desenvolve no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Trátase dunha actividade gratuíta de 30 horas de duración que se imparte de luns a venres. A través desta actividade, dirixida a persoas de fóra de Galicia, preténdese que os/as participantes adquiran nocións básicas de lingua e cultura galegas para contribuír á súa integración. Este mesmo obradoiro vaise a realizar na Casa da Cultura do Milladoiro durante o mes de novembro. Se queres participar neste obradoiro aínda quedan algunhas prazas dispoñibles.

O Concello de Ames e a Secretaria Xeral de Política Lingüística organizan unhas xornadas de toponimia dirixidas ao profesorado dos centros de ensino do Concello de Ames. Trátase dunha iniciativa que busca o achegamento, a posta en valor e o aproveitamento dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística. Desenvolveranse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Nestas xornadas participarán 50 persoas, na súa maioría docentes. Inicialmente ofertábanse 40 prazas pero, dada a demanda existente, decidiuse incrementalas ata 50 para darlle cabida a todas as persoas interesadas.

Ao longo do mes de xuño, o equipo do proxecto Youtubeir@s organiza dous grandes encontros de intercambio entre persoas xeradoras de contidos dixitais no Youtube, co obxectivo de motivar a súa vinculación e de crear redes conxuntas de traballo. O primeiro deles terá lugar o 8 de xuño na Coruña e o segundo será en Santiago o venres 28. Youtubeir@s está organizado polos servizos de normalización lingüística de trece concellos galegos, as universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, e a Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua. Esta iniciativa chega este ano á súa terceira edición baixo o lema Conéctate á comunidade e multiplícate, co que busca non só aumentar o número e a calidade de vídeos e persoas creadoras en galego, senón tamén fortalecer as conexións e as interrelacións da comunidade youtubeira.

O vindeiro venres, 28 de febreiro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, a partir das 20:00 horas, unha homenaxe poética e musical a Rosalía de Castro. O acto central da conmemoración do Día de Rosalía, cuxa entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, contará con lecturas, dramatizacións, videocreacións e coa actuación musical de MJ Pérez. No acto participarán o alumnado dos centros escolares de Ames e representantes do ámbito cultural e asociativo. As persoas asistentes recibirán un agasallo.

Mañá, venres 28 de febreiro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, ás 20.00 horas, unha homenaxe poética e musical a Rosalía de Castro. O acto central da conmemoración do Día de Rosalía, cuxa entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, contará con lecturas, dramatizacións, videocreacións e coa actuación musical de MJ Pérez. No acto participarán o alumnado dos centros escolares de Ames e representantes do ámbito cultural e asociativo. As persoas asistentes recibirán un agasallo.

O Concello de Ames acaba de publicar a programación infantil con Apego para os vindeiros catro meses, cunha vintena de iniciativas que se desenvolverán ao longo de setembro, outubro, novembro e decembro. Haberá contancontos nas bibliotecas municipais, unha nova edición da Foliada con Apego, varios espectáculos de teatro, un obradoiro de arrolos con Mama Cabra, outro taller sobre contos de medo con Celso F. Sanmartín, etc. Ademais, nesta programación inclúese unha nova edición do Festival de maxia e do Certame internacional de cine infantil e familiar “Cinema Crianza”.

A programación de Apego para os vindeiros meses presentouse hoxe no salón de plenos do Concello. Nela estiveron a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, a concelleira de Cultura, Natividade González, e a técnica municipal Rosa Moreiras. Desta volta, a programación vén cunha morea de actividades para os meses de febreiro, marzo, abril e maio. Música, contos, arrolos, teatro, xogos, espectáculos, obradoiros…para que as crianzas e as familias poidan gozar, aprender e socializar.

“Comerá o bebé?” é unha sesión de contos, poemas, xogos de mans, música e moito máis encadrada dentro do programa Apego. Terá lugar o próximo xoves, 13 de febreiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns, en dúas sesións: unha ás 17.30 horas e outra ás 18.30 horas. Unha actividade de balde, destinada a familias que se encontren agardado un bebé ou teñan crianzas de menos de 3 anos.

Eventos del departamento

A especialista en estimulación musical temperá, Leticia Falcón, ofrécenos un obradoiro de arrolos e colos con música en directo para achegar as crianzas á musica e á lingua. Terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, na Aula de Usos Múltiples.

Contos, poemas, xogos de mans, música e moito máis. Cris e Xabi presentarán unha magnífica recompilación da nosa tradición oral con música en directo e co dío conductor: a comida. Haberá dúas sesións, unha ás 17.30 horas e outra ás 18.30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Unha sesión de narración oral para público familiar con contos e lerias para pacientes, impacientes, para tremer de medo, para o mal tempo boa cara... e para amarse e durmir quentiños. Desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 12.00 horas.

Espectáculo de música en directo para aprendermos cantos de berce, lerias e enredos dun xeito divertido e participativo. Desenvolverase na Aula de Usos Múltiples da Casa da Cultura do Milladoiro ás 12.00 horas.

Paco Cerdeira, Pakolas,  interpretará en directo unha escolla dos seus temas para o público infantil, con música que xira ao redor do rock e doutros estilos modernos. Desenvolverase na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 horas.

A través do programa Apego, Cé Orquestra Pantasma chega a Ames coas xornadas “Brincadeiras Miudiñas”, nas que un inquedo xogueteiro irá guiando aos nenos e nenas no mundo dos xogos e os xoguetes miudiños a través de rimas, música, baile e manualidades.

A través do programa Apego, Cé Orquestra Pantasma chega a Ames coas xornadas “Brincadeiras Miudiñas”, nas que un inquedo xogueteiro irá guiando aos nenos e nenas no mundo dos xogos e os xoguetes miudiños a través de rimas, música, baile e manualidades.

O Concello de Ames organiza, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, unha visita á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. A actividade, que se enmarca dentro da programación municipal polo Día de Rosalía, terá lugar este sábado, 15 de febreiro. Para participar é preciso reservar praza. As localizacións que se visitarán pertencen á chamada Ruta Rosaliana.

Terá lugar no campo da festa de Buduído. Haberá batalla de galos, grafite e actuacións musicais que inclúen grupos locais. O festival estará presentado pola xornalista, Paula Señarís. Dende as 19.30 horas actuarán os grupos Náiade, Triska, Monoulious Dop, De Vacas, Biribirlocke e Sondarúa. Destinado a todos os públicos.

Este venres, 27 de setembro, está previsto que haxa unha nova Foliada con Apego, que estará dinamizada por Pablo Díaz e Olga Kirk. Será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 18.00 horas. Esta actividade, dirixida tanto a familias con crianzas como a calquera persoa á que lle guste a música tradicional, busca construír un espazo de socialización en galego onde poder compartir, cantar, bailar e aprender cancións tradicionais galegas. É preciso inscribirse do 18 ao 26 de setembro enviando un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal cos nomes e idades das persoas participantes e un número de teléfono de contacto. Esta actividade está dirixida a todos os públicos. A entrada é de balde.