- Tematica
O Enreguéifate volve confirmar a súa boa acollida nesta nova edición do seu certame de regueifas en vídeo, que pechou a convocatoria cun total de 84 vídeos inscritos entre as dúas categorías do concurso (escolar e xeral). A diversidade das propostas recibidas pon de manifesto a capacidade dos xéneros de improvisación oral en galego para adaptarse, medrar e conectar coas novas xeracións. No concello de Ames participaron arredor de 60 alumnos/as, xunto co seu profesorado, dos CEIP A Maía, Agro do Muíño e Barouta, e do IES do Milladoiro. A novena edición do certame foi impulsada polos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. Os vídeos premiados poden verse na web do certame ou na canle de Youtube.
Como en edicións anteriores, o certame (impulsado polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo) outorgou oito premios en cada categoría, recoñecendo a regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada, mellor falada, máis inclusiva e máis entroideira.
O xurado estivo composto por Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; Laura Gil, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa e Conchi Cochón, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Os galardóns entregaranse o xoves 16 de abril, ás 11:45 horas, nunha gala no Pazo da Cultura de Pontevedra.
60 alumnos/as do concello de Ames
No concello de Ames participaron arredor de 60 alumnos/as, xunto co seu profesorado, dos CEIP A Maía, Agro do Muíño e Barouta, e do IES do Milladoiro.
IES do Milladoiro:
-Máis regueifas, menos guerras: 1º da ESO, Club da regueifa.
-PALABRAS CON DESEXOS - A árbore regueifeira: 1º bacharelato.
-MILLARIMAS - Regueifando actualidades: 3º da ESO.
CEIP A Maía:
-REGUEIFEIROS DA MAÍA - Forte marexada: 5º de primaria.
CEIP Agro do Muíño:
-CEIP AGRO DO MUÍÑO - O mundo está tolo: 5º primaria.
CEIP de Barouta:
-REGUEIFEIRXS DE 5º - Regueifando en Barouta: 5º primaria.
-ROSALIANAS - Regueifando as Rosalías: 5º e 6º de primaria.
-CANTAMOS E BRILLAMOS - O McDonalds: 5º de primaria.
Vídeos gañadores
O Enreguéifate volve confirmar a súa boa acollida nesta nova edición do seu certame de regueifas en vídeo, que pechou a convocatoria cun total de 84 vídeos inscritos entre as dúas categorías do concurso (escolar e xeral). A diversidade das propostas recibidas pon de manifesto a capacidade dos xéneros de improvisación oral en galego para adaptarse, medrar e conectar coas novas xeracións. Os vídeos premiados poden verse na web do certame ou na canle de Youtube.
Categoría xeral:
• Regueifa máis brava: Regueifeiras do CIOV - "Saúde e lingua!", de Vigo.
• Regueifa máis aguda: Arrieiro e Chaminho -"reguei-FIT-eiros", de Cambre e Malpica.
• Regueifa máis diversa: R5 Aeroliñas Regueifeiras - "Viaxes improvisadas", da Escola da Regueifa de Carballo.
• Regueifa máis reivindicativa: Reporteiros regueifeiros - "Regueifa informativa", de Pontevedra.
• Regueifa mellor cantada: Coros Virxe da Renda e Casa Rosada - "A vida con humor", de Poio.
• Regueifa mellor falada: Familia V.A. - "Flores e cores", de Santiago de Compostela.
• Regueifa máis inclusiva: Teiseiros regueifeiros - "O home contra a máquina", do Centro de Inclusión Fundación de Santa Cruz en Vigo.
• Regueifa máis entroideira: Regueifeirxs do Entroido - "Regueifa do Entroido", de Santiago de Compostela.
Categoría escolar:
• Regueifa máis brava: Os fervellasverzas - "A mocidade anda nas verzas", do CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo de Carballo.
• Regueifa máis aguda: Astrovacas - "Misión Onomástica", do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela.
• Regueifa máis diversa: Lopeiros - "Regueifa universal", do CEIP Plurilingüe Lope de Vega de Vigo.
• Regueifa máis reivindicativa: Pois Disque Cantamos - "A regueifa é mundial", do IES de Melide.
• Regueifa mellor cantada: Regueifando en Dodro - "Antes ou agora?", do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.
• Regueifa mellor falada: Regueifeiras da Chá - "Churras, churras, churras!", do IES Basanta Silva de Vilalba.
• Regueifa máis inclusiva: As e os regueifeiros do Quiroga, 4º C - "Un día con nós", do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.
• Regueifa máis entroideira: Faísca Bergantiñá - "Duelo de Entroido: Valenza vs. Rececinde", do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.






