Contra finais de ano, a través dos centros educativos, convócase un certame de cartas de Nadal (dirixidas ao Reis, ao Apalpador, ao Papá Noel ou ao personaxe que cada neno ou nena decida)
Esta actividade ten como obxectivos:
- Promover que se utilice a lingua galega nunha actividade ilusionante e atractiva para os nenos e nenas.
- Favorecer a reflexión activa sobre os usos lingüísticos.
- Achegar unha proposta con posibilidades didácticas que vincule a casa e a escola.
A través de todos os centros educativos achégase a cada neno/a a convocatoria coa que se pretende motivalos para que, ademais de faceren o típico pedimento de agasallos, reflexionen sobre algúns aspectos que se vinculan co uso da lingua. O formato da carta e as técnicas para ilustrar/decorar o texto son totalmente libres.
Convídase, ademais, ao profesorado a utilizar a proposta como recurso didáctico e a procurar a implicación das familias. Para a recollida das cartas repártense caixas de correo nos centros de ensino e nos locais municipais.
As seis mellores cartas reciben cadanseu agasallo da man dos Reis Magos nas recepcións que se organizan para recibir aos magos de Oriente, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro.
Toda a rapazada participante que indiquen os seu enderezo completo recibe no seu domicilio unha carta resposta enviada polos personaxes do Nadal acompañada dun pequeno galano sorpresa.
- Destinatarios/as:
- Nenos e nenas de idades correspondentes á educación infantil e ao primeiro e segundo ciclo de primaria (aproximadamente ata os 10 anos)
- Documentos: