Pestanas principais

>Gala gañadores do XXII Certame Literario

Sábado, 14 xuño, 2025
Ás 12.30 horas

O vindeiro sábado 14 de xuño, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a gala de premiados da XXII edición do Certame Literario de Ames. O evento terá lugar a partir das 12.30 horas e estará presentado pola xornalista de Ames Radio, Belén Martínez. Ademais da entrega dos galardóns, a gala contará cunha actuación musical da Escola Municipal de Música de Ames.