O luns, 21 de outubro, ás 17.00 horas, inaugurase á exposición de fotografía EspadELA. Trátase dunha exposición sobre feminismos e ruralidades, que estará no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, do 21 ao 31 de outubro. Esta mostra fotográfica é unha iniciativa da cooperativa Arabías, que chega ao concello de Ames da man da Concellaría de Benestar Social. Esta exposición está composta por unha escolma de arredor de 40 retratos grupais e individuais. As mulleres que participan expresan temas de interese como as diversidades, a relación co territorio, os activismos, a comunidade, os coidados das persoas maiores e dependentes, da terra ou da cultura e do patrimonio inmaterial. As mulleres que participaron son dos concellos de Ames, Arzúa, Boiro, Brión, Carballo, Ordes, Touro ou Santiago de Compostela.