Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores 11 de decembro en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 11 de marzo en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Actualmente, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 11 de xuño en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 12 de febreiro, en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 13 de xaneiro en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 14 de maio en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Actualmente, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 22 de xaneiro no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores 24 de xullo no Milladoiro, na Travesía do Porto (ao carón do novo centro de saúde). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o xoves 28 de decembro en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas, e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores 29 de maio no Milladoiro, na Travesía do Porto (ao carón do Novo Centro de Saúde). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

Eventos del departamento

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), xunto coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, comeza unha nova tempada na que organizará novas actividades de formación en novas tecnoloxías e outras cuestións de interese. A primeira actividade está prevista para este sábado, 16 de setembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Milladoiro. Trátase dunha xornada que ten como obxectivo entender os conceptos que veñen na nosa factura da luz, así como explicar as claves para conseguir aforrar e pagar menos pola luz das nosas casas ou negocios. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este sábado, 25 de marzo, ás 17:30 horas, a presentación do libro “Los superpoderes de Ian”, un conto solidario que narra a historia real dun neno que padece hemiplexía alternante da infancia (HAI), unha enfermidade rara. A obra pretende servir como guía informativa para todos os públicos e como medio para sensibilizar, concienciar e dar difusión á doenza. Toda a recadación da súa venda será doada á investigación.

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O luns 27 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar o obradoiro de percuterapia impartido por Pedro Campos. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns. A percuterapia é unha arte que mestura diferentes disciplinas e que permite marcar o ritmo do propio corpo a través do movemento e de distintos obxectos, traballando corpo, emocións e memoria.

A recentemente creada Oficina de Voluntariado informático de software libre de Ames, xunto co seu Banco de reciclaxe electrónica, pon en marcha un novo obradoiro para a posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador. Esta actividades realizarase o sábado, 17 de setembro, en horario de mañá de 11:00 a 13:30 horas. Está dirixido a persoas que queiran aprender a instalar un sistema operativo libre, navegador, suite ofimática, reprodutor de audio e vídeo, programa de edición de imaxes dixitais, etc. As persoas que queiran participar poden confirmar a súa asistencia premendo nesta ligazón.

O venres 17 o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a representación de “A señora de Forcadela”, ás 20:30 horas. A obra de teatro narra unha historia baseada na biografía da mestra Josefa García Segret, que foi detida durante o ano 1936 e retida na prisión de Tui. A súa vida foi salvada grazas á intervención dun médico forense e dun doutor que aseguraron que estaba embarazada, e a súa pena de morte foi conmutada por cadea perpetua e, posteriormente, reducida a seis anos. As entradas para o espectáculo xa se poden reservar, de balde, na Billeteira electrónica do Concello. A representación forma parte da programación do 8M do Concello de Ames. 

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o sábado 1 de abril a representación da peza de teatro "A teteira de Kabul", unha obra dirixida ao público familiar baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas. Os convites poden retirarse de balde na Billeteira electrónica do Concello, premendo nesta ligazón.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da obra de teatro SOA o día 19 de novembro, ás 20:30. O espectáculo encádrase dentro da campaña de actividades programadas con motivo do 25N polo Concello de Ames, "Que o meu machismo non se converta no teu problema". A actriz protagonista, Rogelia dos Outeiros, encarna a unha muller maltratada física e psicoloxicamente que, pechada na casa polo seu marido, atopa na súa veciña unha confidente á que contarlle a súa historia, encontrando unha válvula de escape ás súas circunstancias. As entradas son de balde e os convites pódense retirar na billeteira electrónica do Concello de Ames

 

A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia vai estar no Milladoiro os días 7, 8, 11 e 12 de setembro, co fin de prestar servizos asistenciais para a prevención da dependencia á poboación maior de 55 anos. Desta forma, a veciñanza de Ames poderá gozar de atención especializada en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia vai estar no Milladoiro os días 7, 8, 11 e 12 de setembro, co fin de prestar servizos asistenciais para a prevención da dependencia á poboación maior de 55 anos. Desta forma, a veciñanza de Ames poderá gozar de atención especializada en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 12 de setembro, e o mércores, 13 de setembro, no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.