Pestanas principais

> Teatro: "A teteira de Kabul"

Sábado, 1 abril, 2023
Ás 18:00 horas

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o sábado 1 de abril a representación da peza de teatro "A teteira de Kabul", unha obra dirixida ao público familiar baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas. Os convites poden retirarse de balde na Billeteira electrónica do Concello, premendo nesta ligazón.

"A teteira de Kabul" conta a historia de Minia, unha nena que debe abandonar o seu fogar por mor do estallido da guerra no seu país, Afganistán. A protagonista comeza unha longa viaxe coa súa familia, e, a pesar das duras condicións, coa axuda das historias que lle conta a súa nai, vai descubrindo a beleza durante o seu periplo. Minia irá gardando todas esas historias nunha pequena teteira, e así poderá tirar delas cando precise que os contos a arroupen. 

Trátase da estrea en Bertamiráns do espectáculo, organizado pola Asemblea de Cooperación pola Paz en colaboración co Concello de Ames.