Pestanas principais

> Unidade móbil de doazón no Milladoiro

martes, 12 Setembro, 2023 a mércores, 13 Setembro, 2023
Ás 9:30 horas

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 12 de setembro, e o mércores, 13 de setembro, no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.