Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 23 e o luns 27 de xuño en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O xoves 23 estará en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Pola súa banda, o luns 27 estará tanto en horario de mañá como de tarde, de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves e venres 11 e 12 de novembro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O xoves 11 estará en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Pola súa banda, o venres 12 o horario será de mañá, de 09:30 a 14:30 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves e venres 16 e 17 de decembro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O xoves 16 estará en horario de mañá e tarde, de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Pola súa banda, o venres 17 o horario será só de tarde, tamén de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 16 e venres 17 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O xoves estará de mañá e de tarde, de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. O venres o horario será só de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.  Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 12 de setembro; e o mércores, día 13, no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres, 31 de marzo, e o sábado, 1 de abril, en Bertamiráns, na praza de Chavián. O horario de atención será de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas no caso do venres 31, mentres que o sábado se atenderá de 10:00 a 15:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828. 

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 16 de maio, en Bertamiráns, na praza de Chavián (na zona de carga e descarga xunto á avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 21 de febreiro en Bertamiráns, na avenida da Maía (diante da praza da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828. 

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 4 de abril, no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 23 de febreiro no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

Eventos del departamento

O vindeiro domingo, 11 de decembro, ás 17.00 horas, celébrase a terceira festa de Nadal do programa Amessan, na Casa das persoas maiores de Bertamiráns. Haberá música a cargo do grupo de pandereteiras de Amessan e do grupo Elelas, que tamén está xestionado pola Oficina de Voluntariado de Ames. Ademais, farase unha degustación de chocolate con churros. Disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as parroquias. Sairá dende as paradas habituais ás 16.30 horas. Para reservar praza no autobús hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a primeira Gala da diversidade, que se celebrará o vindeiro venres 2 de decembro na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18:00 horas, e que contará con dúas madriñas de excepción, a Fundación IgualArte e a Asociación Potenciemos. A gala, que terá lugar con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional 2022, conmemorado o día 3 de decembro, estará protagonizada polos rapaces e rapazas que integran a asociación para persoas con diversidade funcional Arcea Adames, situada no Milladoiro. 

O Concello de Ames organizará o próximo sábado 23 de abril a súa primeira xornada dedicada á saúde mental e ao benestar das crianzas e da mocidade. “Coidados á mente” acollerá tres conferencias, unha mesa redonda e dous talleres simultáneos, que se poderán seguir de xeito presencial na Casa da Cultura de Bertamiráns ou ben a través de streaming. A xornada está dirixida a profesionais de todos os sectores que traballan coa xente moza, ou ben a familias interesadas no benestar psicolóxico. Para inscribirse, de balde, cómpre enviar un correo ao enderezo electrónico amesjornadasaludmental@gmail.com, indicando datos persoais e se se asistirá presencialmente ou a distancia. Preme aquí para consultar a programación ao completo.

A programación do Mes da Saúde de Ames péchase o sábado, 23 de abril coa celebración simultánea da segunda edición da Feira da Saúde e Ben-Estar e da primeira xornada sobre saúde mental infanto-xuvenil de Ames, Coidados á mente. Un total de 14 asociacións (ALCER, ANEDIA, ACEGA, AGADEA, ACEM, AECC, ASANOG, Fonte da Virxe, Alcohólicos Anónimos, QuerENDO, AMICO, AGAPA, CON-ARTITRIS E AEPNAA) montarán os seus stands na zona exterior da Casa da Cultura de Bertamiráns co obxectivo de proporcionar información a todas aquelas persoas que se acheguen por alí. Preme aquí para consultar o itinerario do Mes da Saúde ao completo.

O Concello de Ames organiza para o sábado, 13 de maio, as II Xornadas de saúde mental, que nesta ocasión xirarán arredor do benestar emocional na terceira idade e o envellecemento activo. Trátase do segundo ano consecutivo que se celebra esta iniciativa, que a edición pasada se enfocou na saúde mental infanto-xuvenil. As xornadas, que están dirixidas ás persoas interesadas no benestar psicolóxico e a profesionais de todos os sectores, contarán cunha mesa redonda, dúas conferencias e dous talleres prácticos. Participar é de balde, previa inscrición a través do enderezo electrónico xornada.ames@gmail.com

O venres 28 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, terá lugar a mostra de danza "Bailando a vida", dirixida por Martha Franco, coa colaboración dos e das participantes do Laboratorio corporal, movemento e creación que se celebrou ao longo dos últimos meses no Milladoiro e en Betamiráns; así como por integrantes da asociación Arcea-Adames. A entrada é de balde ata completar aforo. 

A Concellaría de Benestar Social, en colaboración con Feitoría Verde S. Coop. Galega, pon en marcha o novo obradoiro “Recolledoras de saberes: camiñando cara a unha alimentación sustentable”. Será impartido por persoal de Feitoría Verde S. Coop. Galega os días 25 de febreiro e 4 de marzo, de 16.30 a 18.30 horas, no local social do centro cultural Maía. Trátase dunha actividade que é de balde para todas as persoas que estean interesadas en participar. As prazas son limitadas e a inscrición farase por orde de inscrición. Para inscribirse hai que premer nesta ligazón ou escanear un código QR que se pode atopar no cartel do obradoiro.

A Concellaría de Benestar Social, en colaboración con Feitoría Verde S. Coop. Galega, pon en marcha o novo obradoiro “Recolledoras de saberes: camiñando cara a unha alimentación sustentable”. Será impartido por persoal de Feitoría Verde S. Coop. Galega os días 25 de febreiro e 4 de marzo, de 16.30 a 18.30 horas, no local social do centro cultural Maía. Trátase dunha actividade que é de balde para todas as persoas que estean interesadas en participar. As prazas son limitadas e a inscrición farase por orde de inscrición. Para inscribirse hai que premer nesta ligazón ou escanear un código QR que se pode atopar no cartel do obradoiro.

A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde pon en marcha o Obradoiro Autoexplórate. Co gallo do Día do Cancro de Mama, que se vai celebrar o martes 19 de outubro, a concellaría de Benestar Social quere sensibilizar sobre a importancia da detención precoz con estes dous obradoiros. O 21 de outubro terá lugar un segundo obradoiro tamén impartido pola matrona do Centro de Saúde do Milladoiro no antigo Centro de Saúde do Milladoiro ás 19:00 horas. Podes inscribirte enviando un mail a promociondasaude@concellodeames.gal ou no teléfono 649 450 264.

A segunda das actividades programadas dentro desta edición do programa de Terra de Mulleres é un taller de pintura urbana feminista aberto ao público, que será impartido polo persoal de 7H Cooperativa Cultural. Terá lugar este sábado 12 de novembro, de 10:00 a 18:00 horas. Nel búscase implicar aos veciños na creación dun mural que se pintará sobre un dos valos do lugar de Tarrío, no que se tratarán de reflectir todas as lembranzas e teimas compartidas polos habitantes desta aldea. A localización exacta do lugar no que se desenvolverá o obradoiro pódese consultar premendo nesta ligazón.