Pestanas principais

> Foliada de Nadal do programa Amessan

Domingo, 11 decembro, 2022
Ás 17.00 horas

O vindeiro domingo, 11 de decembro, ás 17.00 horas, celébrase a terceira festa de Nadal do programa Amessan, na Casa das persoas maiores de Bertamiráns. Haberá música a cargo do grupo de pandereteiras de Amessan e do grupo Elelas, que tamén está xestionado pola Oficina de Voluntariado de Ames. Ademais, farase unha degustación de chocolate con churros. Disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as parroquias. Sairá dende as paradas habituais ás 16.30 horas. Para reservar praza no autobús hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044.

A Foliada de Nadal do programa Amessan, organizada pola Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames, desenvolverase o domingo, 11 de decembro, na Casa das persoas maiores de Bertamiráns. Esta é a terceira edición de dita festa. En 2019 celebrouse no Milladoiro, en 2020 non se celebrou debido ás restrición pola pandemia da Covid-19, e no ano 2021 organizouse en Bertamiráns.

Na festa actuarán o grupo de pandereteiras do programa Amessan e mailo grupo Elelas, que tamén está xestionado pola Oficina de Voluntariado de Ames. Tamén haberá degustación de chocolate con churros. Disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as diferentes parroquias. Sairá dende as paradas habituais ás 16.30 horas. Para reservar praza no autobús hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044.