Pestanas principais

> Mostra de danza "Bailando a vida"

Venres, 28 abril, 2023
Ás 20:00 horas

O venres 28 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, terá lugar a mostra de danza "Bailando a vida", dirixida por Martha Franco, coa colaboración dos e das participantes do Laboratorio corporal, movemento e creación que se celebrou ao longo dos últimos meses no Milladoiro e en Betamiráns; así como por integrantes da asociación Arcea-Adames. A entrada é de balde ata completar aforo.