Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

A programación cultural de 2024 continúa este venres, 26 de xaneiro, ás 20:30 horas, coa representación da obra de teatro “Último verán en Santa Cristina”. O espectáculo, producido por Teatro do Noroeste, está dirixido por Eduardo Alonso. Os convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Trátase dunha obra dramática na que se conta a historia dun rapaz de doce anos e do seu último verán na praia en 1960. Moitos anos despois recibe unhas cartas propiedade da súa defunta nai a través das que rememora ese verán. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

O departamento de Cultura do Concello de Ames propón para este venres unha peza de danza dirixida a público adulto. A programación cultural de 2024 continúa o 5 de abril, ás 20:30 horas, co espectáculo de danza “Sofá”. A representación, producida por Marta Alonso, está dirixida a un público adulto e integra elementos do teatro e do circo. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

O Concello de Ames propón para este venres monicreques para público familiar. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 1 de marzo, ás 18:00 horas, co espectáculo de monicreques “Solo”. O espectáculo está dirixido e protagonizado por Roi Borrallas. Os convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Trátase dun espectáculo no que se retrata o comportamento dun pallaso cando está só, coas súas ideas e tolemias. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

O mércores 23 de novembro, ás 20:00 horas, proxectarase na Casa da Cultura de Bertamiráns o documental “10 de marzo”, que narra o proceso de creación do convenio do estaleiro Bazán de Ferrol no ano 1972, abordando a penetración das comisións obreiras e do partido comunista nas negociacións e a resistencia contra a autoridade dos traballadores no marco da ditadura franquista, feitos que supuxeron un punto de inflexión para a sociedade galega. Os convites xa poden retirarse de balde na billeteira electrónica do Concello de Ames.

A edición deste ano das “Noites en Vela” celebrarase finalmente este sábado, 30 de agosto, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Debido á previsión meteorolóxica, que apunta choiva para o sábado, os Concellos de Ames e Negreira decidiron cambiar a localización dos concertos para que se celebren nun espazo cuberto. Esta iniciativa xa estaba prevista inicialmente para o sábado 19 de xullo, pero houbo que cambiar de data debido á previsión de choiva para ese día. Nas “Noites en Vela 2025” actuarán As Maianas e Caamaño & Ameixeiras. Haberá servizo de autobús gratuíto dende O Milladoiro. A actuación de Caamaño & Ameixeiras está subvencionada pola Xunta de Galicia dentro do programa Cultura no Camiño 2025. A entrada é de balde ata completar aforo.

Este sábado, 15 de xuño, ás 20:30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”. A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango. A entrada será libre ata completar aforo.

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a partir de mañá, 15 de marzo, unha selección de acuarelas baixo o título “Do Ameneiral ao Rego dos Pasos”. Trátase da primeira exposición da docente e pintora Eva Garea, composta por diversas acuarelas que recollen diversos enclaves de Bertamiráns, o núcleo urbano no que reside.

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a partir do vindeiro luns, 5 de xuño, unha selección de acuarelas urbanas, “Por seguir o camiño”. Trátase dun conxunto de pinturas realizadas polo debuxante Javi Penedo que representan diversos lugares que marcaron a vida do autor.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle entre o 27 de novembro e o 18 de decembro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres. A inauguración da mostra será o luns 27 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais da inauguración farase unha charla de presentación de dita mostra. Esta exposición conta coa colaboración do Concello de Ames.

A programación de Nadal do Concello de Ames chega ao seu remate este domingo, 8 de xaneiro, co tradicional encontro que protagonizan anualmente distintas agrupacións corais. Nesta ocasión, o concerto celebrarase na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:00 horas, e nel participarán a Coral Lojo Batalla de Tapia, o Coro parroquial de Piñeiro e Ames, a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido, e o Coro Son Elas. Os convites son de balde e xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames. 

Eventos del departamento

O Campo da Festa de Ortoño acolle, a partir das 19:00 horas, o concerto de Luar na Lubre. A actuación está incluida na programación Ames Cultural para os meses de verán. 

Dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, o mércores 21 de decembro, ás 20:00 horas, celebrarase un concerto de música de cámara na Casa da Cultura do Milladoiro, da man da asociación Peregrinos Musicales. O cuarteto de corda está composto por Sergey e Alexander Arutyunyan (violín), Bruno Miguel Pinheiro (violoncello) e Larissa Shomina (viola e clave). O programa terá unha duración aproximada dunha hora e contará con obras de grandes compositores como Haendel, Vivaldi, Paganini, Milsten, Bach, Mozart e Torelli. Os convites, de balde, poden descargarse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, o domingo 18 de decembro, ás 19:00 horas, celebrarase un concerto na Casa da Cultura de Bertamiráns no que actuarán os grupos de baile e música tradicional A Requinta da Maía, Airiños do Paseo de Colón, As Maianas, Os retranqueiros e Os Castros. A duración do recital será de aproximadamente 75 minutos, e os convites son de balde (poden descargarse na Billeteira electrónica do Concello de Ames).

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este sábado 18 de decembro, ás 20:00 horas, un concerto de Nadal coas agrupacións corais de Ames. No evento, promovido pola Concellaría de Cultura, participan o Coro de Nosa Señora do Corpiño de Oca, o Coro Lojo Batalla de Tapia, o Coro Parroquial de Piñeiro e Ames, o Coro Polifónica Antonio Santomil de Bugallido e o Coro Son Elas. Os convites xa se poden retirar a través da billeteira electrónica do Concello de Ames.

O domingo 8 de xaneiro celebrarase a última das actividades da programación de Nadal do Concello de Ames, un concerto de Reis que contará coa participación de distintas agrupacións corais: a Coral Lojo Batalla de Tapia, o Coro Parroquias de Piñeiro de Ames, a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido e o Coro Son Elas. Terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, e a duración será de aproximadamente 75 minutos. Os convites poden descargarse na Billeteira electrónica do Concello

Concerto organizado pola Asociación Cultural Antonio Santomil na Casa da Cultura de Bertamiráns. Acturán, por este orde: A Coral Polifónica Eixil de Cedeira, As Pandereteiras de Costaneira e a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido (organizadora do evento).

A Travesía do Porto do Milladoiro acolle, a partir das 22.00 horas, o concerto do grupo Seguridad Social. A actuación está incluida na programación Ames Cultural para os meses de verán. 

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns colle este xoves, 29 de setembro, ás 20.30 horas, un concerto do grupo de cámara Santa Lucia. Poderase gozar da actuación de Nicolás Otero ao clarinete e de Titus Mombächer ao violonchelo. Este espectáculo está promovido pola Rede española de teatros, auditorios, circuítos e festivais de titularidade pública e conta coa colaboración do Concello de Ames.

A Escola Municipal de Música de Ames ofrece en febreiro dous concerto de Entroido. O día 15 terá lugar o recital miúdo de Entroido, que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18:30 horas. Nel participarán os alumnos e alumnas máis cativos, que están dando os seus primeiros pasos no mundo da música. Doutro banda, o día 17, ás 19:30, haberá outro concerto, que correrá a cargo dos rapaces e rapazas máis maiores, e que xa contan cun amplo bagaxe musical. Tamén terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro. Así, entre ambas xornadas desenvolveranse actuacións de todos os combos e grupos da EMMA.

Como colofón do programa polo 50 aniversario da Coral Polifónica de Bugallido, este sábado, día 3 de decembro, celebrarase un concerto no que participarán tanto a Coral Polifónica de Melide como a agrupación Pandereteiras da Costaneira, ademais da propia Polifónica de Bugallido, que se encargará de poñer o broche final. Será ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e a entrada é de balde. Con motivo do aniversario, filmouse un documental sobre a historia da Coral dende a súa creación ata a actualidade, que se pode ver ao completo premendo nesta ligazón.