Solapas principales

Inscrición nas Escolas Culturais

Presencial
Online
De Lunes, 9 Septiembre, 2019 hasta Viernes, 13 Septiembre, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE, FINALIDADE:

  • Promover a formación e a creación propia entre os veciños e veciñas de Ames, a través de actividades teatrais, de baile e de artes plásticas.

QUEN PODE FACELO:

  • Persoas empadroadas no Concello de Ames.

CANDO:

  • Do 9 ao 13 de setembro de 2019.

COMO SE FAI:

  •  A inscrición e renovación de praza poderase facer de xeito telemático enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodemaes.gal. Unha vez tramitada a inscrición telemática, deberase solicitar a autoliquidación do prezo público nas oficinas de Recadación, no correo electrónico ames@canaltributos.com ou obtela directamente na Oficina Virtual Tributaria. O prazo para facer o pagamento remata o 13 de setembro. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6.
  • A inscrición e renovación de praza tamén se poderá realizar presencialmente na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, do 9 ao 13 de setembro, en horario de 09.00h a 14.00 horas.
  • Facilitar os datos persoais do/a inscrito/a e dos país/titores no caso de menores de 18 anos.
  • Terán preferencia as persoas inscritas no curso pasado que cumprimenten e abonen correctamente a inscrición e en prazo. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade.  As prazas que non sexan cubertas polas persoas inscritas no curso anterior, adxudicaranse por sorteo público que se celebrará o luns, 16 de setembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. As listaxes das persoas admitidas faranse públicas ese mesmo luns, a partir das 14:00 horas. Poderán consultarse nos taboleiros da Casa da Cultura do Milladoiro e no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.   
  • As persoas que por sorteo obtiveran praza deberán solicitar a autoliquidación do prezo público nas oficinas de Recadación, no correo  electrónico ames@canaltributos.com ou obtela directamente na Oficina Virtual Tributaria e abonar as taxas ata o 20 de setembro. É requisito imprescindible estar empadroado no concello de Ames. Unha vez rematado este prazo se quedan prazas libres poderán optar os non empadroados.
  • Neste prazo de inscrición é requisito imprescindible estar empadroado no concello de Ames. Unha vez rematado este prazo se quedan prazas libres poderán optar os non empadroados.
  • Inscrición ao longo do curso: Neste suposto, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que resta para rematar o curso. En casos excepcionais, por resolución do órgano competente e previo informe dos Servizos Sociais, poderase acordar a exención total ou parcial das tarifas.

ONDE:

  • Inscrición telemática: enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodemaes.gal
  • Inscrición presencial: Casa da Cultura do Milladoiro e Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

DOCUMENTACIÓN:

  •   Datos persoais.
  •   Autorización de pai/nai/titor no caso de menores.

PREZO:

  •     Menores de 18 anos: 40€.
  •    2º membro menor de 18 anos: 20€.
  •    3º e restantes membros menores de 18 anos: 10€.
  •    Maiores de 18 anos: 50€.

RESPONSABLE:

  • Departamento de Cultura. Casa da Cultura do Milladoiro.
  • Atención ao público en horario de 9:00 a 14:00 horas. Do 15 de xuño ao 15 de setembro o horario de atención ao público é de 9:00 a 13:00 horas.

  • Números de teléfono: 981 535 940 – 662 377 444.

  • Correo electrónico: cultura@concellodemaes.gal

NORMATIVA APLICABLE: