Solapas principales

> Concerto de Nadal de cámara

Miércoles, 21 diciembre, 2022
Ás 20:00 horas

Dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, o mércores 21 de decembro, ás 20:00 horas, celebrarase un concerto de música de cámara na Casa da Cultura do Milladoiro, da man da asociación Peregrinos Musicales. O cuarteto de corda está composto por Sergey e Alexander Arutyunyan (violín), Bruno Miguel Pinheiro (violoncello) e Larissa Shomina (viola e clave). O programa terá unha duración aproximada dunha hora e contará con obras de grandes compositores como Haendel, Vivaldi, Paganini, Milsten, Bach, Mozart e Torelli. Os convites, de balde, poden descargarse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.