Solapas principales

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres o espectáculo de danza “Sofá”

Lunes, 01 de abril de 2024

O departamento de Cultura do Concello de Ames propón para este venres unha peza de danza dirixida a público adulto. A programación cultural de 2024 continúa o 5 de abril, ás 20:30 horas, co espectáculo de danza “Sofá”. A representación, producida por Marta Alonso, está dirixida a un público adulto e integra elementos do teatro e do circo. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Este venres, 5 de abril, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a peza de danza “Sofá” ás 20:30 horas. Este é o noveno dos 12 espectáculos que integran a programación de artes escénicas “Ames Cultural 2024”. Deste xeito, o Concello de Ames propón para este venres danza dirixida a público adulto.

Sinopse de “Sofá”
Trátase dunha sitcom de danza, con teatro, circo e música en directo que fala sobre unha parella.

Marta e Pablo coñecéronse bailando, pero xa non teñen tempo de facelo por mor do traballo, non son capaces de parar. Así, pensan que van poder solucionar os seus problemas de desconexión facendo un espectáculo de danza cun sofá. Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas e descansar. Pero... sempre hai un pero.

Toda interrupción é un bo motivo para seguir fuxindo cara adiante. Porque parar supón enfrontarnos a nós mesmos e abrazar a incerteza., o vacío.

Marta Alonso
A traxectoria profesional de Mareta Alonso como creadora e intérprete é multidisciplinar e hiperactiva. Vencellada a diferentes compañías e colectivos galego, a súa actividade artística esboza unha investigación constante na danza e o movemento que se achega ao teatro, ao circo e ao audiovisual.

Na actualidade dirixe a súa propia compañía, coa que produce os espectáculos Bailar Agora (2020), SOFÁ out (2023), SOFÁ in (2022) e Dancin Queen (2021).

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres o espectáculo de danza “Sofá”

Multimedia

  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres o espectáculo de danza “Sofá”