Solapas principales

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha exposición de acuarelas urbanas do 5 ao 16 de xuño

Miércoles, 31 de mayo de 2023

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a partir do vindeiro luns, 5 de xuño, unha selección de acuarelas urbanas, “Por seguir o camiño”. Trátase dun conxunto de pinturas realizadas polo debuxante Javi Penedo que representan diversos lugares que marcaron a vida do autor.

Javi Penedo é pintor, debuxante e poeta. A exposición “Por seguir o camiño” recolle diversos momentos e lugares da vida do autor, como as aldeas nas que xogou, os paseos pola vila na que vive e os pobos e cidades que lle gustan, así como os que lles gustaría visitar.

Ao longo da súa traxectoria, Penedo ten plasmado recunchos de diversas vilas galegas, como Noia, Lugo ou Compostela. Así mesmo, recolle tamén os lugares nos que pasou a súa infancia e que tiveron nel grande influencia.

Por exemplo, escolle para pintar nas súas acuarelas espazos como o Rego dos Pasos atravesando a vila de Bertamiráns, o Pazo da Peregrina ou a Ponte Maceira.

A exposición permanecerá no vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns do 5 ao 16 de xuño. O acceso é libre.

Para máis información sobre dita exposición e sobre as demais obras do autor pódese contactar con el a través do enderezo electrónico javipenedo1@hotmail.com e da súa páxina de Instagram, @javi_p_77.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "O artista Javi Penedo expón as súas acuarelas urbanas na Casa da Cultura de Bertamiráns"

Cartaz da exposiciónn "Por seguir o camiño"

Multimedia

  • Cartaz da exposiciónn "Por seguir o camiño"