O pazo da Peregrina acolle o xoves, 8 de marzo, ás 20:00 horas, a presentación de “Non cantan paxaros neste bosque” do escritor e veciño de Ames, Carlos Negro. A obra, publicada pola editorial Xerais na colección de literatura xuvenil “Fora de xogo”, recolle nove contos que o propio autor cualifica como “relatos de medo”. Na presentación, Carlos estará acompañado pola concelleira de Cultura, Natividade González, o ensaísta, tradutor e crítico literario Xosé Antón López Silva e o director de Xerais, Fran Alonso. A entrada ao acto é gratuíta até completar o aforo que é limitado por mor da normativa de prevención da COVID19. O evento encádrase dentro da programación da Biblioteca Municipal de Ames.