Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

Chega o mes de setembro e continúan as festas no concello de Ames. Desta volta tócalle á parroquia de San Xoán e Ortoño que celebra este domingo, 1 de setembro, a romaría na honra de Santa Filomena. Haberá misa solemne, sesión vermú e verbena. Ademais, dende ás 18.00 horas no campo da festa desenvolverase a festa de cores Holi Party FM, na que actuarán os DJs Dumore e Juanma López. Está organizada pola emisora Party FM e a Asociación sociocultural de mulleres de San Xoán de Ortoño. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames.

Coa primeira Gala Máxica Galega comeza esta tarde en Bertamiráns a XV edición do Festival de Maxia de Ames. Unha edición marcada polas restricións que impón a loita contra a Covid-19 e que levaron ao departamento de Cultura a decidir esta mesma semana trasladar os eventos que se ían a realizar no Milladoiro á localidade de Bertamiráns. Deste xeito, os dous obradoiros de maxia e as dúas funcións da Gala Máxica Internacional que se desenvolverán o domingo 25 de outubro no Milladoiro, mudan de espazo e se trasladan á Casa da Cultura de Bertamiráns. A sesión das 20:00 horas da tarde desta Gala Internacional será retransmitida por streaming. Poderase ver a través da canle de YouTube do Concello de Ames e da páxina de directo do Concello de Ames.

O programa de “Animación á lectura” arranca mañá, venres 2 de outubro, coas sesións de Conto contiño, uns contacontos para nenos de entre 3 e 8 anos. Inaugúrase con “A Cinicleta na biblioteca” a cargo de Brais Moure. O encontro, que nun primeiro momento ía celebrarse na praza Chavián, trasládase á Casa da Cultura de Bertamiráns por mor da chuvia. A actividade comezará ás 17.30 horas.

A asociación cultural de Pedrouzos, Lamas e Vilar organizan para este sábado, 7 de setembro, a primeira edición da Festa dos Muíños das Tres Aldeas. Colaboran os departamentos de Cultura e Medio Ambiente do Concello de Ames, así como a tenda Hello Cooking. Haberá unha visita guiada polas mulleres das Tres Aldeas, que foron usuarias dos muíños e últimas portadoras desa memoria viva do concello. Ademais, farase por primeira vez unha Olimpíada Rural para que toda a veciñanza probe as súas destrezas nas habilidades do rural. E como non, retomarase o Concurso de Masas e Repostería.

Este domingo, 25 de agosto, o lugar de San Xoanciño de Pousada honrou á Virxe de Lourdes cun conxunto de tres alfombras florais, elaboradas por membros da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada, e co apoio da veciñanza de varios lugares do concello. Ás 13.00 horas houbo unha misa solemne e a correspondente procesión sobre a alfombra floral. Actuaron o Coro parroquial de Ames e Piñeiro e maila Asociación cultural Os Castros.

A Asociación Cultural Antonio Santomil, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo un concerto de corais para conmemorar o Día Internacional da Música. A Coral Polifónica de Bugallido, a Coral Polifónica Fonte do Souto de Culleredo e a Coral Polifónica Ars Cantorum de Ponteareas serán as encargadas de levar a música ao auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. O concerto terá lugar este  domingo, 29 de setembro, ás 20:00 horas con entrada de balde.

As engurras da cara. O acento da súa voz rachada. A mirada fixa e segura dos seus ollos. E, sobre todo, a seguridade de seguir sendo a mesma, aquela muller labrega que lle deu por escribir un libro. A bo seguro que todos os asistentes á conmemoración do Día de Galicia viron en Filomena Fraga a Galicia de antes, sentiron a Galicia de agora e imaxinaron a Galicia de mañá. Unha Galicia moderna pero coa súa identidade rural. Unha Galicia que non pode esquecer o que foi para seguir medrando. Unha Galicia encarnada na figura de Filomena Fraga, a quen o alcalde de Ames, José Miñones, entregou a medalla do Concello no día no que a poesía e a palabra converteron ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns no mellor escenario para conmemorar o día da patria galega.

Que é Galicia e quen somos como galegos? A referencia aos fundamentos que nos identifican non faltaron nos discursos cos que os grupos políticos que compoñen a Corporación municipal celebraron onte o día de Galicia en Ames. Tampouco faltaron a poesía e as referencias ao idioma e á situación difícil que estamos pasando a través da lembranza ás vítimas e ás familias afectadas pola COVID19. Pero a de onte foi fundamentalmente unha celebración tinxida de sentimento. A entrega da medalla do Concello a Maximino Viaño, congregou no pazo a familiares e amigos. Falou o alcalde, José Miñones, falaron as súas netas Lorena e Liliana,  falou o seu compañeiro no espazo da Radio Municipal “Memoria de Ames”, Xesús Carrera “Beiro” e a súa grande amiga, a escritora Filomena Fraga, con quen compartiu micro durante anos en Ames Radio. Foi unha tarde de emocións e de cariño. Ana Rivas e Cristian Leggiero puxeron a banda sonora con clásicos do repertorio galego e guiaron aos asistentes na interpretación do Himno Galego co que se pechou o acto.

Este venres, 21 de xuño, remata o curso lectivo 2018/19. En Ames esta despedida das aulas ven acompañada polo tradicional concerto de fin de curso do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, que este ano conta cun repertorio no que ten cabida un amplo abano de formatos e estilos. Esta actuación ten lugar a partir das 19.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns, e está aberta a toda a veciñanza.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o próximo 20 de marzo a exposición fotográfica “Memoria histórica. Covas en imaxes 1900-1980”. Con ela preténdese lembrar momentos, costumes e espazos que forman parte do pasado común de Ames, das aldeas e do conxunto de veciños e veciñas da parroquia, tanto das que son de aquí como de todas as persoas que decidiron instalarse e facer en vida en Covas. Está organizada pola Asociación veciñal de Covas, en colaboración co Concello de Ames.

Eventos del departamento

Este venres, 20 de setembro, ás 22.30 horas, celebrarase o segundo Encontro de jazz de Ames. Trátase dunha iniciativa do departamento de Cultura, a través da cal se quere potenciar esta disciplina musical. Actuarán Mónica de Nut e Virxilio da Silva; así como Xacobe Martínez con Antelo Trío. O concerto desenvolverase no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. No caso de que chova, trasladarase ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade está dirixida a todos os públicos. A entrada é de balde.

“Música na noite” trae ao Milladoiro ao grupo Son d3. A actuación desenvolverase na praza da Madalena a partir das 22:00 horas.
O Aforo é limitado.

Concerto organizado pola Asociación Cultural Antonio Santomil na Casa da Cultura de Bertamiráns. Acturán, por este orde: A Coral Polifónica Eixil de Cedeira, As Pandereteiras de Costaneira e a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido (organizadora do evento).

O Ames Jazz 2020  dará comezo ás 21.00 horas na Praza do Concello, onde empezará un pasarrúas do grupo Bregadiers.

Despois dunha pequena actuación na Praza do Concello, será as 21.15 horas, aproximadamente, cando dará comezo o pasarrúas ata a Praza da Maía. Nesta, tamén se realizará outra pequena actuación, que dará comezo arredor das 21.25 horas, e xa ás 21.45 horas aproximadamente, e cando dará comezo o pasarrúas ata o Pazo da Peregrina, onde se realizará outra pequena actuación que comezará arredor das 22.00 horas.

Posteriormente, tamén no Pazo da Peregrina, ás 22.30 horas, dará un concerto o músico Manuel Gutierrez co seu trío.

Espectáculo participativo da man de Baobab Teatro para contar, cantar e bailar. Terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns. Destinado a público infantil a partir de 1 ano. Entradas dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

Dende a Concellaría de Cultura informan que queda suspendido o espectáculo de teatro musical “Nube nube sol”, de Teatro ao Cubo, debido aos problemas de saúde dunha das persoas de dita compañía. No lugar deste espectáculo, hoxe pola tarde, Paco Nogueiras estará na Casa da Cultura do Milladoiro, en dúas sesións (unha ás 17.00 horas e outra as 18.00 horas) co seu espectáculo “Brinca Vai!” Aínda quedan estradas dispoñibles e pódense mercar dende ás 16.00 horas na propia Casa da Cultura do Milladoiro. Teñen un prezo de 4 euros a xeral e de 2 euros a reducida.

Concerto de “Mozart á Galega” no Pazo da Peregrina de Bertamirás ás 22.00 horas. Trátase dunha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña, no marco do programa “Un bico un cantar”. O espectáculo é gratuíto e de entrada libre, pero debido ás circunstancias xa coñecidas, o concerto desenvolverase respectando todas as medidas de seguridade.

O Concello de Ames celebra este domingo, 29 de setembro, ás 20.00 horas, o Día Internacional da Música cun concerto no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Neste evento, organizado pola Asociación Cultural Antonio Santomil, actuarán a Coral Fonte do Souto, de Culleredo; a Coral Ars Cantorum, de Guillade-Ponteareas; e maila Coral de Bugallido, de Ames.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado, 5 de outubro, ás 18.00 horas, o espectáculo Contacontos a carón da fiestra. Manuel Boquete e Ramón Feáns serán os encargados de ofrecer esta actividade que está dirixida aos máis pequenos da casa. A entrada é gratuíta ata completar aforo. As invitacións pódense recoller na conserxería da Casa da Cultura de Bertamiráns a partir do 30 de setembro.

O Concello de Ames ten programadas novas sesións de contacontos para o mes de setembro.