Actualidad

Por ejemplo, 09-10-2026
Por ejemplo, 09-10-2026
Miércoles, 07 de octubre de 2026
Este venres comeza a programación de outono do Ames Cultural co Festival Imperdible de improvisación

Esta semana dá comezo a programación do Ames Cultural para os meses de outubro e novembro e decembro, que está formada por espectáculos de danza, teatro, proxeccións de cine; o festival de maxia de Ames FESTIMAX; o festival de cine infantil Cinema Miúdo; e a celebración de Santa Icía. A primeira actividade é o Festival Imperdible de improvisación, que se vai a celebrar o venres 9 no Milladoiro e o sábado 10 en Bertamiráns. Poderanse ver os espectáculos de Colectivo do Flow e As Teimas co espectáculo Bibidibabidibú. Pódese consultar máis información, así como adquirir as entradas para este festival premendo nesta ligazón.

Miércoles, 07 de octubre de 2026
O fotógrafo Toño Villar, nomeado aos Premios Internacionais Luces de Granada

O fotógrafo Toño Villar, con estudo en Bertamiráns, foi nomeado nos Premios Internacionais Luces de Granada. A obra seleccionada compite na categoría de Gráfico e suma un novo recoñecemento a unha traxectoria que nos dous últimos anos recibiu diversas distincións nacionais e internacionais.

Martes, 06 de octubre de 2026
Ames vivirá unha semana máxica do 22 ao 25 de outubro coa celebración do XXI Festival Internacional de Maxia

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación do XXI Festival internacional de Maxia de Ames “FestiMax”, unha das actividades que máis éxito teñen entre a veciñanza amesá. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Do 22 ao 25 de outubro haberá maxia para bebés, nenos e nenas, persoas adultas e maiores nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As entradas poderanse adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. 

Domingo, 27 de septiembre de 2026
O fotógrafo Toño Villar acumula tres nomeamentos aos Premios Nacionais Quijote de Fotografía

O fotógrafo Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, vén de conseguir recentemente tres nomeamentos nos Premios Nacionais Quijote de Fotografía, organizados por AFOCAM, a Asociación de Fotógrafos Profesionais de Castela A Mancha. Dúas das obras seleccionadas compiten na categoría de Paisaxe e Natureza, mentres que a terceira foi nomeada en Reportaxe Gráfica, demostrando as distintas variantes do traballo do fotógrafo.

Viernes, 04 de septiembre de 2026
A Escola Municipal de Teatro oferta ata 13 prazas que quedaron libres para o curso 2026-2027

A Escola Municipal de Teatro vén de anunciar as prazas que quedaron sen cubrir para cada un dos grupos ofertados para o vindeiro curso 2026-2027. Deste xeito, as persoas interesadas poderán inscribirse no grupo de secundaria do Milladoiro, no grupo de 1º, 2º e 3º de primaria de Bertamiráns e no grupo inclusivo, que este ano pasa a impartirse no Milladoiro en horario de 17.00 a 18.00 horas. 

Jueves, 03 de septiembre de 2026
O fotógrafo Toño Villar consegue unha Mención de Honra nos International Photography Awards

O fotógrafo Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, foi recentemente galardoado cunha Mención de Honra na última edición dos International Photography Awards (IPA), un dos certames de fotografía máis importantes e competitivos do panorama fotográfico global. O traballo premiado, titulado “Niebla en Consuegra”, destaca por ter unha visión poética e sobrecolledora dos emblemáticos muíños de vento de Consuegra, en Toledo.

Lunes, 31 de agosto de 2026
A Escola Municipal de Música de Ames abre un prazo de inscrición extraordinario para as prazas que quedaron libres para o curso 2026-2027

O martes, 1 de setembro, abre o prazo extraordinario para a solicitude das prazas que quedaron libres para o vindeiro curso 2026-2027. Ao ser un período extraordinario, as prazas adxudicaranse por orde de rexistro de entrada. As persoas interesadas terán ata o vindeiro 8 de setembro para realizar a formalización. Esta poderá facerse na Sede electrónica do Concello de Ames ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais.

Jueves, 20 de agosto de 2026
Acordeóns Alborada impartirá clases de acordeón en Bertamiráns

O Concello de Ames acollerá novamente as aulas de acordeón impartidas pola escola Alborada. Deste xeito, a veciñanza amesá poderá aprender a tocar este instrumento sen necesidade de saber solfexo nin ter acordeón propio, pois poderase alugar nas propias aulas. O prazo de inscrición xa está aberto e as anotacións poderán facerse no número de teléfono 667 374 409 (Alberto) ou na páxina web de Acordeóns Alborada. 

Martes, 11 de agosto de 2026
As Maianas arrancan a programación de agosto dos Seráns de Ames 2026

Este xoves, 13 de agosto, ás 21.00 horas, o campo da festa de San Amaro, en Barouta, acolle a terceira entrega do programa dos Seráns de Ames 2026, a primeira do mes de agosto. Nesta xornada, o público poderá gozar das recentemente galardoadas coa medalla do Concello de Ames As Maianas. A última sesión será o vindeiro xoves, 27 de agosto, con contacontos, xogos populares, teatro e música na praia fluvial de Tapia.

Martes, 04 de agosto de 2026
O parque do Ameneiral acolle este xoves a segunda edición do Festival Emerxente de Ames

O Festival Emerxente de novos artistas regresa esta semana a Bertamiráns cunha nova edición e un cartel cheo de artistas de nivel. Deste xeito, o xoves 6 de agosto, ás 20.00 horas, o parque do Ameneiral xuntará nunha mesma noite a L1gido, Alddara, Fran Saint Laurent, Metan e Dupliss. O evento está organizado polo departamento de Mocidade do Concello de Ames e forma parte do programa de Ames en Festas 2026.