Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A Oficina Municipal de Voluntariado de Ames (OVA) puxo en marcha este xoves, 1 de decembro, unha nova actividade dentro do seu programa Amessán, que ten como obxectivo fomentar un envellecemento activo e saudable entre a veciñanza do concello. Desta volta, a OVA pon en marcha un coro musical que xa conta con 19 participantes. Está dirixido por Xosé Luís Blanco Campaña, compositor de máis dun cento de cancións para artistas como Ana Kiro e Sito Mariño. As persoas que queiran participar aínda se poden inscribir. Os ensaios da agrupación son os xoves, de 19:30 a 20:30 horas, na Casa das Persoas Maiores de Bertamiráns.

A Oficina do Voluntariado de Ames (OVA) desenvolve continuamente numerosas actividades de axuda a colectivos desfavorecidos ou que contan cunhas necesidades específicas. Pero a OVA precisa tamén apoio dos voluntarios/as, persoas que de xeito altruísta e solidario están dispostas a axudar aos demais. Faite voluntari@, a que esperas? é o título da campaña que está a levar a cabo a Concellaría de Benestar Social. A través desta iniciativa preténdese incentivar a participación e colaboración da veciñanza nalgún dos campos do voluntariado. Durante este mes de setembro irán abríndose os prazos de inscrición para as diferentes actividades que organiza a Oficina do Voluntariado de Ames.

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames (OVA), porá en marcha o próximo luns, 21 de outubro, unha nova actividade de deseño de interiores para principiantes. O curso impartiranse os luns, de 18:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ofértanse 15 prazas e as inscricións pódense realizar de xeito presencial na OVA, ou a través do teléfono 662377044.

A Organización Mundial da Saúde recoñeceu a labor, encabezada por España e Perú, na Cume sobre a Acción Climática 2019 das Nacións Unidas. Estes países conseguiron concienciar sobre as consecuencias de non garantir un aire limpo e seguro, xa que a contaminación de este cause ao ano 7 millóns de mortes. Ames é un dos 33 municipios de España involucrados na iniciativa “Aire Limpo”.

A Plataforma Feminista Galega de Ames organiza un club de lecturas feministas co que recupera parte da actividade que tiña antes da pandemia. Reunirase de xeito trimestral en lugares públicos. En cada sesión decidirase o libro da seguinte reunión. O primeiro encontro terá lugar o vindeiro mércores, 25 de outubro, en Bertamiráns. Para este primeiro encontro elixiuse a obra Todos deberíamos ser feministas, da autora nixeriana Chimamanda Ngozi.

Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, xunto á concelleira de Benestar Social, Uxía García, visitou a poeta de Ames, Filomena Fraga, que cumpriu 100 anos hoxe martes 19 de maio. Filomena é veciña de Agrón e autora da obra A Cancela, publicada por primeira vez en 1995 e reeditada polo Concello de Ames en 2006. Filomena Fraga foi a primeira muller e a segunda persoa en recibir no ano 2019 a medalla do Concello de Ames. Ademais, en 2018 foi homenaxeada polo Concello de Ames no acto de conmemoración do Día Internacional das Mulleres, por ser exemplo vivo e un referente na loita pola igualdade.

Este xoves, a partir das 17.00 horas, a Praza da Maía, en Bertamiráns, acollerá o evento benéfico ‘Piccolo Pizzaiolo’, organizado polo restaurante Sicilia in Bocca e no que colabora o Concello de Ames a través da Concellaría de Benestar Social. Ao longo de toda a tarde, haberá un taller dirixido para a rapazada de entre 5 e 10 anos, no que aprenderán a facer as súas propias pizzas, música en directo e degustacións, entre máis propostas. O evento é gratuíto e, quen o desexe, poderá depositar nunha caixa a doazón económica que considere. Todos o recadado neste evento, irá destinado á asociación ASANOG (Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia). 

A primeira edición de autocine que se organizou no concello de Ames, “Ames Drive Cinema”, foi todo un éxito. A atractiva programación, con ofertas para un público infantil e adulto, fixo que 531 vehículos, unhas 1.200 persoas, se achegaran ata o aparcadoiro da Telleira, en Bertamiráns, para ver os seis filmes proxectados. Esta actividade está enmarcada nas actividades Ames corta co machismo, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero en Ames, que se conmemora este mércores 25 de novembro.

Coincidindo co Día mundial da Saúde, que se celebra hoxe 7 de abril, a Concellaría de Promoción da Saúde presentou esta mañá no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a programación do Mes da Saúde en Ames. Dita programación comezou este pasado luns, 4 de abril cunha exposición da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que está exposta na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, para hoxe hai programadas dúas andainas simultáneas dende Bertamiráns e O Milladoiro pola Senda Verde. O 11 de abril haberá unha charla do doutor, Ángel Carracedo, no Milladoiro. Do 19 ao 22 de abril haberá diversas actividades no interior do Pazo da Peregrina ou nos xardíns do Pazo impartidas por diferentes asociacións e polo propio Concello. A programación pecharase o sábado, 23 de abril, coa II Feira da Saúde e Ben-Estar de Ames e coa primeira xornada sobre saúde mental infanto-xuvenil de Ames, Coidados á mente.

As instalacións de Ames Radio, a radio municipal, recibiron esta mañá a visita dos usuarios e usuarias da asociación Arcea-Adames, que se achegaron para coñecer os estudos e participar no programa “Somos Ames” contando o seu día a día na asociación.

Eventos del departamento

O vindeiro domingo, 11 de xuño, celebrarase na praia fluvial de Tapia a clausura do programa Amessan 2022-2023, a partir das 12:00 horas. Os participantes desta iniciativa de ocio saudable, xente maior de 60 anos de Ames, gozarán dun xantar popular, dunha foliada, de obradoiros, un bingo e máis actividades. A xornada contará coa actuación de Luis Rey, e os participantes poderán mostrar o aprendido ao longo de todo o ano. En caso de choiva, as actividades trasladaranse ao CEIP Agro do Muíño. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, informa de que unha unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” estará os días 13, 14 e 15 de febreiro no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dun programa da Xunta de Galicia que ofrece servizos gratuítos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía ás persoas maiores de 55 anos. Para acceder ao servizo cómpre solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 23 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Regulación emocional", impartida por Juan Carlos Permuy Bermúdez. Será na Casa da Cultura do Milladoiro. 

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 16 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Sexualidade feminina", impartida por Beatriz Viña González. Será na Casa das Asociacións da rúa Agro do Medio (no antigo centro de saúde da localidade).

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O mércores 1 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar a charla "Alimentación saudable", impartida por Olaya Fernández Seijas. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns. 

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 30 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Alimentación saudable", impartida por Alicia Rivas Casais. Será na Casa da Cultura do Milladoiro. 

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O mércores 27 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar a charla "Coñece o teu solo pélvico", impartida por Cristina del Arco Oñega. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns. 

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 2 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Que é a menopausia. Síntomas e coidados", impartida por Magdalena Seco Otero. Será na Casa das Asociacións da rúa Agro do Medio (no antigo centro de saúde da localidade).

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 9 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Pilates", impartida por Beatriz Viña González. Será na Casa das Asociacións da rúa Agro do Medio (no antigo centro de saúde da localidade).

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O mércores 15 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar o obradoiro "Problemas do sono", impartido por Mónica Antelo Martelo. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns.