Solapas principales

Participa na sesión sobre emprendemento cooperativo que acollerá o Espazo A Proa este venres 11 de xullo

Martes, 08 de julio de 2025

Este venres, 11 de xullo, o Espazo de Coworking A Proa acollerá a charla aberta ao público “E ti, coñeces a fórmula?”, unha sesión divulgativa sobre o emprendemento cooperativo enmarcada dentro do Programa de sensibilización para o emprendemento cooperativo. A xornada é de balde e terá lugar de 10.00 a 12.30 horas e estará impartida por Rosa Álvarez, técnica de EspazoCoop. Para participar é preciso inscribirse a través da seguinte ligazón

O Espazo de Coworking A Proa acollerá unha nova sesión divulgativa este venres, 11 de xullo. Nesta ocasión, impartirase unha charla sobre emprendemento cooperativo, na que se pretende achegar á cidadanía os conceptos básicos sobre o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas, vantaxes deste modelo de negocio ou eliminar mitos e prexuízos sobre este ámbito empresarial, entre outras cuestións. 

A través desta serie de sesións divulgativas que se están a desenvolver en varios concellos galegos, búscase impulsar e dar a coñecer o emprendemento en forma de cooperativa. O programa enmárcase dentro do marco de accións 2025-2026 da Rede Eusumo e o Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus. 

No caso do Espazo A Proa, a sesión desenvolverase en horario de mañá, de 10.00 a 12.30 horas, e estará impartida por Rosa Álvarez, técnica de EspazoCoop na área de atención a cooperativas, profesional vinculada dende máis de dúas técnicas ao mundo da xestión e organización no ámbito do cooperativismo. Para participar na xornada, que é de balde e aberta ao público, é preciso realizar unha inscrición previa a través da seguinte ligazón

Participa na sesión sobre emprendemento cooperativo que acollerá o Espazo A Proa este venres 11 de xullo

Multimedia

  • Participa na sesión sobre emprendemento cooperativo que acollerá o Espazo A Proa este venres 11 de xullo