Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu hoxe pola tarde, ás 18.00 horas, o acto de presentación da segunda edición do concurso Canta con Ames. O acto estivo conducido pola xornalista, Loli Gómez, que se encargará de presentar as diferentes fases que ten o concurso (preselección, semifinal e final). Durante a presentación actuaron as tres gañadoras da edición de 2021: Noelia Bellas, de Bugallido; Lara López, de Negreira; e Carmen Cuevas, do Milladoiro. Tamén actuou Inés Suárez, membro do xurado e integrante do grupo As Maianas. Ademais, presentouse o xurado desta edición que estará formado por Susana López Carbia, Noelia Bellas Ferreira e Ines Suárez Rey. As bases do concurso poden consultarse premendo nesta ligazón.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a primeira xuntanza da Comisión de Gobernanza do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para o impulso da nova produción audiovisual. En dito encontro, no que participou o alcalde de Ames, Blas García, e maila deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosana García, aprobouse a constitución formal e funcionamento de dita comisión, as bases da convocatoria de participación e mailos membros que formarán a Comisión de Avaliación de candidaturas. Ames AV LAB concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais para impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o impulso do importante tecido produtivo audiovisual do concello de Ames. Enmárcase dentro do Plan de Emprego Local, cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña. As bases de participación serán publicadas a vindeira semana.

Co fin de dinamizar o comercio e a hostalaría local nos días previos ao comezo do curso lectivo, a Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza as xornadas de “Volta ao cole co comercio”, dúas tardes de propostas lúdicas e sorteos que se desenvolverán o luns 5 de setembro, no Milladoiro, e o martes 6, en Bertamiráns. A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17:00 ás 19:00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19:00 ás 21:00 horas, ademais de contar con arredor de 160 premios valorados en máis de 2.000 euros.

Esta mañá foi presentada a campaña de tarxetas bono “Ames Progresa”, que se desenvolverá dende o 1 de marzo ata o 30 de abril. Con 219 establecementos adheridos e 80.000 euros en investimentos do Concello de Ames, as persoas que así o desexen poderán retirar tarxetas bono por valor de 50 euros, ás que o Concello aporta o 40% do seu valor. No caso de contar con tarxetas da campaña 2021, poderase recargar só unha delas, co mesmo valor que o ano pasado. Os bonos poderán retirarse ou recargarse dende mañá nos locais das asociacións empresariais amesás, Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Palmira Bulebar e Novo Milladoiro.

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Ames acolleu esta mañá a presentación da programación “Nadal con Ames na Rúa”, que este ano se adiantou unhas semanas máis do habitual para prolongar os prazos de inscrición nas actividades. Participaron no acto Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica; Jorge Couñago, técnico do mesmo departamento, e o alcalde de Ames, Blas García, coa asistencia das asociacións empresariais locais, empresas de ocio infantil e persoal técnico do Concello. O itinerario inclúe obradoiros para todos os públicos e iniciativas para fomentar o comercio local e “encher de vida as rúas”, segundo palabras do propio alcalde.

O salón de plenos da Casa do Concello de Ames acolleu esta mañá a presentación do concurso de fotografía “Ilumina o teu sorriso”, organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, o centro dental Macía e o estudo de deseño gráfico e imaxe de marca La Rayuela. O certame ten como obxectivo dinamizar os establecementos locais, fomentando o achegamento da cidadanía ás rúas más comerciais. Para participar na campaña cómpre realizar dúas fotografías en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro. Os premios son un teléfono móbil Samsung Galaxy A13 e dous vales de 100 euros cada un para gastar en comercios amesáns. As bases ao completo poden consultarse premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, vén de presentar esta mañá a primeira edición do concurso Baila con Ames. Trátase dunha nova iniciativa que se suma ao concurso Canta con Ames que este verán celebrará xa a súa cuarta edición. Para inscribirse no Baila con Ames hai que presentar no rexistro municipal o impreso de inscrición. Tamén hai que enviar un vídeo casting ao enderezo de correo electrónico amesnarua@gmail.com. O prazo de inscrición estará aberto dende o día seguinte da publicación das bases do concurso no BOP e ata o 10 de xuño. Establécense dúas categorías: individual ou parellas; e grupos de 3 a 12 persoas. Non hai límite de idade para participar. Repartiranse 2.500 euros en premios. Haberá unha fase de preselección no Milladoiro o 21 de xuño e a final farase en Bertamiráns o 31 de agosto na pista de deportes da praza de Chavián. O cartel foi elaborado pola veciña de Ames, Mireya Vilas Vilacoba, de 9 anos de idade.

Esta mañá presentouse a segunda edición da campaña Ilumina o teu sorriso que poñen en marcha as tres asociacións de comerciantes e empresarios do municipio e na que colaboran o Concello de Ames, o Centro Dental Macía e o estudo de fotografía Pixelin Photo. Deste xeito, ponse en marcha un concurso de fotografía no que haberá que facer dúas fotos nas que apareza a iluminación de Nadal de dous destes catro lugares: das prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, e das prazas de Manuel Murguía e da Madalena, no Milladoiro. Entre os participantes sortearase un teléfono móbil de última xeración e un circuíto de Spa doados por Centro Dental Macía. O obxectivo é fomentar a actividade comercial en ambas localidades. Ao final da campaña Pixelin Photo encargarase de organizar unha mostra coas mellores fotos. Consulta aquí as bases do concurso.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, presentou na mañá de hoxe unha nova edición do concurso Baila con Ames. Haberá tres categorías de participación: individual, parellas ou tríos e grupos (de 4 a 12 persoas). Non hai límite de idade para participar. Para participar, é preciso enviar a ficha de participación e os anexos cubertos a través da Sede electrónica xunto cun vídeo casting e xustificante de rexistro ao enderezo amesnarua@gmail.com. Repartiranse 3.900 euros en premios. As inscricións estarán abertas desde mañá, 23 de maio, ata o 15 de xuño. A fase de preselección realizarase no Milladoiro o vindeiro 28 de xuño, mentres que a fase final do concurso será en Bertamiráns o 18 de xullo. Pódese descargar os anexos de inscrición e as bases do certame ao pé desta nova. 

A Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames inicia a segunda fase da campaña de tarxetas bono Merc@mes o 15 de setembro e alongarase até o 15 de novembro de 2021. Calquera persoa, residente ou non, no concello de Ames, pode adquirir os bonos que se poñerán a venda a partir do mesmo día 15 de setembro en Bertamiráns e no Milladoiro, tan só presentando o DNI que o acredite como maior de 18 anos. 207 establecementos adheríronse á esta campaña coa que se pretende valorizar e impulsar as compras no comercio local. A relación dos establecementos adheridos  será publicada na páxina web municipal e na páxina web da entidade colaboradora, XEA. O Concello de Ames invirte 92.000 euros en axudas directas a adquisición de bonos para incentivar as compras nos establecementos comerciais do Concello nesta segunda fase da campaña. Esta contía inclúese no programa Ames Progresa que se aprobou no pleno ordinario do mes de xullo. As persoas poden consultar o saldo que teñen dispoñible nas tarxetas premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.