- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
O Concello de Ames presentou onte o concerto solidario de Nadal que terá lugar o vindeiro mércores, 28 de decembro, na praza de Manuel Murguía. O recital, no que participará o violinista amesán Anxo Gómez Piñeiro, ten como obxectivo a recadación de fondos a prol da Asociación Gallega de la enfermedad de Dent, Art for Dent, que busca dar visibilidade a dita doenza e impulsar a súa investigación. A entrada para o concerto é gratuíta. A asociación Art for Dent disporá dun posto para vender diverso material (camisetas, etc.) co obxectivo de recadar fondos.
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a presentación do Plan Reactiva Ames, que conta con 99 medidas de reactivación económica e social para o concello de Ames. Varias desta medidas xa se puxeron en marcha dende o pasado mes de abril. Moitas outras desenvolveranse durante o que queda de ano e outras executaranse no exercicio 2021. Para desenvolver dito Plan o Concello de Ames destina 7.071.620 euros. Dentro de ditas medidas inclúense 57 medidas de inversión en obra pública, 13 medidas de promoción económica, 12 medidas de índole social, 6 medidas no ámbito tecnolóxico, 4 medidas relacionadas coa administración e Goberno local, 4 medidas fiscais e 3 medidas de seguridade e saúde. En dita presentación participaron o alcalde, os voceiros dos grupos que forman parte do goberno municipal, a concelleira de Promoción Económica, e representantes das asociacións municipais de comerciantes e empresarios. O acto, que estivo amenizado polos músicos Marcos Valcarcel e Yoanny Fonseca, pechouse coa emisión do video promocional `En Ames témolo todo´.
Esta mañá presentouse no salón de plenos da Casa do Concello o programa Ames Emprega e Integra. Trátase dun programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE), financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). Dito programa está previsto que se execute ao longo de seis meses, entre xuño e novembro deste ano. As inscricións pódense realizar chamando ao número de teléfono 674 594 843, enviando un correo electrónico ao enderezo ames.integra.emprega@gmail.com ou a través da páxina web de Ames Integra e Emprega. O contrato de xestión e apoio técnico para desenvolver dito programa foi adxudicado á empresa Rafer SL por un importe de 74.572,13 euros (IVE incluído).
Os/as artistas amesás As Maianas, Thais Suki, Sofia Rial e Miguel Torres, do grupo Lume; a Escolanía da Catedral de Santiago; Paco Nogueiras; Picadiscos Marifaltri; e o grupo Broken Peach conforman o cartel das actividades de Ameson Nadal, que organiza a Concellaría de Promoción Económica. O cartel foi presentado esta mañá xunto co evento das Prebadaladas de fin de ano que se celebrarán o 31 de decembro na praza do Concello. Na presentación estiveron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, o cantante Miguel Torres e a actriz, María Mera que será a encargada de presentar as Prebadaladas. Dadas as actuais circunstancias sanitarias, as persoas que desexen asistir ás Prebadaladas deben retirar os seus convites en www.enterticket.es. Tamén acudiron á rolda de prensa representantes das empresas amesás que organizan estes eventos, Martín González Mirás, o rapaz de Barouta que fixo o cartaz que anuncia as Prebadaladas, e Carmen Cuevas e Lara López, gañadoras do concurso “Canta con Ames” que, xunto con Noelia Bellas, actuarán no acto que dará a benvida ao 2022 en Ames.
Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames colaboran para organizar once días de festexos no cartel “Ames en Festas 2023”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do venres 4 ao martes 8, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do mércores 9 ao luns 14 de agosto. As propostas ao longo desta primeira quincena de agosto incluirán actividades para todos os públicos: a semifinal do concurso Canta con Ames, concertos para o público infantil, o concerto dos Heredeiros da Crus, e maila actuación de orquestras como Panorama, Charleston Big Band, Los Coleguitas e Finisterre, entre outras.
Volve por terceiro ano consecutivo o programa “AmesON de verán” con música para todos os gustos e idades durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. O programa está composto por 13 actuacións musicais dirixidas a adultos e nenos/as. Actuarán o coro Son Elas; o grupo Club Naval; Eva & Camilo; Ruth Cundíns; Habana Café Son; MJ Pérez; Cé Orquestra Pantasma: Marifaltri; Jinetes del Trópico; Tinta; As Maianas; Pili Pampín; e maila orquestra Panorama, que pechará o cartel o domingo, 18 de setembro, no Milladoiro. Os concertos realizaranse no parque do Ameneiral e no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Promoción Económica para dinamizar o sector comercial durante este verán. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación completa.
O alcalde de Ames, José Miñones, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, estiveron esta mañá no Milladoiro facendo unha visita ás zonas verdes, que se van acondicionar, e que se atopan xunto a zona de instalacións deportivas (pavillón, pistas deportivas, piscina descuberta, etc), Casa da Cultura e instituto. Este proxecto, que conta cun orzamento base de licitación de 199.860 euros, está incluído no Plan Impulsa Ames, que se enmarca dento da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) do Concello de Ames. Dito proxecto está financiado con fondo europeos FEDER.
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves, 3 de novembro, ás 20.00 horas, a presentación do proxecto de construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica do Milladoiro, que estará situado na avenida do Muíño Vello, na zona norte do Milladoiro. Intervirán no acto a concelleira da unidade executora da EDUSI encargada deste proxecto, Ana Belén Paz, os redactores do proxecto de Tuungoo Arquitectos, Alberto Reques e Diego Penche, e mailo alcalde de Ames, Blas García. Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O proxecto foi adxudicado á empresa Citanias Obras y Servicios SL por un importe de 1.305.453,52 euros.
O Concello de Ames presentou esta mañá a cuarta edición de InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas amesás e afincadas no noso concello. Este ano terá lugar o vindeiro venres 7 de marzo no pavillón deportivo do Milladoiro e ao longo de toda a xornada haberá diferentes conferencias, obradoiros e exposición de stands, xunto coa xa habitual entrega dos premios InnovAmes tanto a empresas innovadoras como a proxectos educativos. O obxectivo deste evento é achegar á cidadanía as últimas tendencias dentro do mundo da innovación e desenvolvidas por empresas do Concello de Ames, xunto coa creación dun espazo no que compartir coñecemento e crear novos enlaces para posibles novos proxectos entre empresas.
O Concello de Ames presenta unha nova edición de Innovames, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 16 de decembro no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no propio concello. O obxectivo deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Para dispor de máis información sobre o InnovAmes pódese consultar a páxina web do evento.
- ‹ anterior
- 42 de 48
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.
- ‹ anterior
- 12 de 12