Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, está xa inmerso na organización da segunda edición do concurso Canta con Ames. A presentación do certame realizarase este venres, 6 de maio, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas. O acto será conducido pola xornalista Loli Gómez, e contará coa actuación das tres gañadoras da edición de 2021: Noelia Bellas, de Bugallido; Lara López, de Negreira; e Carmen Cuevas, do Milladoiro. A entrada para asistir á presentación do certame é libre e gratuíta ata completar aforo.

Dende o Concello de Ames infórmase que estará prohibido aparcar desde as 08.00 horas do día 3 ata as 08.00 horas do día 4 de setembro, tanto no aparcadoiro coma na Rúa Agro do Medio, a cal pechará a circulación ás 15:00 horas. Este corte de tráfico non lle afecta aos garaxes da rúa da Cruxa, aos garaxes do número 10 – 12- 14 da rúa Agro do Medio, ao garaxe do número 8 da rúa Agro da Madalena nin aos garaxes da rúa Agro da Vella. Os peóns poderán acceder ás vivendas ou aos negocios. 

Porta a porta. O concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, informará persoalmente ao sector comercial sobre a campaña merca@ames que subvenciona as compras no comercio local. A iniciativa ten como  obxectivo dar a coñecer os beneficios da campaña e o xeito e as condicións para adherirse a esta acción coa que se pretende valorizar e incentivar as compras en Ames. Até o día 31 de xaneiro está aberto o prazo para que se inscriban os negocios que o desexen. Poden facelo todos aqueles que estean radicados no concello, agás os hipermercados ou supermercados pertencentes a grandes cadeas, as estacións de servizo, os estancos, as farmacias e as salas de xogos e apostas. O concello desenvolve esta campaña en colaboración coas tres asociacións de empresarios e comerciantes do Concello. Porén, calquera comercio, aínda que non pertenza a algunha das asociacións, pode adherirse á campaña.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, realizou dende o pasado 17 de xaneiro unha recollida de datos polas empresas amesás co obxectivo de elaborar unha Guía de Empresas. Unha persoa acreditada polo Concello de Ames visitou máis de 1.000 empresas, profesionais e negocios do municipio co obxectivo de dispor de información actualizada de cada un deles. O 23 de marzo remataron as visitas ás empresas. Agora abre un prazo ata o 4 de abril, para que todas aquelas empresas que non entregaron cuberta a documentación que se lles entregou, a poidan enviar a través do correo electrónico amesnarua@concellodeames.gal.

Logo das restricións decretadas para a hostalaría, a consecuencia da nova normativa de loita contra a COVID-19, o Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, volve poñer en marcha unha iniciativa de apoio ao sector hostalaría de Ames, que consiste na elaboración dunha listaxe na que aparecen todos os establecementos hostaleiros que ofrecen durante este período servizo de recollida no local ou reparto a domicilio. As cafeterías, bares e restaurantes que desexen aparecer nesta listaxe poden enviar un correo ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal.

Continúa unha semana máis a programación “AmesON de verán”, nesta ocasión co espectáculo musical e solidario “Puedes llegar”, da artista brionesa Ruth Cundíns. Trátase dunha proposta que pretende visibilizar desde a música e a arte a enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente os riles, e que foi estreada o pasado mes de marzo na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste senso, unha nova sesión do concerto terá lugar este sábado 23 de xullo ás 22:30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación ao completo do “AmesON de verán” 2022.

Dende hoxe, 12 de marzo, as empresas amesás que estean interesadas poderán poñerse en contacto co consultor homologado polo Instituto de Comercio Exterior de España (ICEX) no 2018 e xerente de LEILOIO, Luis Pombo Pereira, para participar no servizo de consultoría que ofrece este coworker do espazo colaborativo A Proa. Luis Pombo fará, de xeito presencial ou online, unha análise do potencial de internacionalización da empresa segundo o plan Canvas e análise DAFO. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo: lpombo@leiloiointernational.com.

Esta mañá o Director Xeral de Orientación e Promoción laboral da Xunta de Galicia, Pablo Casal Espido, visitou xunto á concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz, e o primeiro tenente de alcalde do Concello de Brión, Pablo Lago Sanmartín, ao alumnado do programa integrado de Ames e Brión e do obradoiro RenovAmes-Brión III. Na visita tamén participaron os Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Ames, Juan Carlos Carreja, e do Concello de Brión, Dora Vieiro, e mailos técnicos do programa integrado de emprego, Pablo Bello e María Lloves.

Entre o 16 e o 22 de setembro, os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, acollerán o evento Rede Coworking Fest, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades culturais e formativas. No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.

O espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acolleu o 30 de agosto e mailo 24 de setembro os “Encontros de liderado”, que forman parte do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual. Nestas dúas xornadas participaron representantes das empresas que forman parte da Comisión de Gobernanza (Ficción Producións, Mirabelle Comunicación, Cinemar Films, Setemedia producciones e Zenit Televisión). O obxectivo principal destes encontros foi dar a coñecer as empresas que forman parte de dita comisión. Durante as próximas semanas os/as creadores dos 15 proxectos do Ames AV LAB poderán visitar as instalacións destas cinco empresas que forman parte da comisión de Gobernanza.

Eventos del departamento

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.