- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
O programa integrado de emprego 2022 - 2023 dos Concellos de Ames e Brión comezou no pasado mes de novembro de 2022. Na actualidade van a comezar a impartirse os itinerarios sectoriais de comercio/loxística e de turismo. Nesta edición o programa está dirixido a 100 persoas desempregadas que están sendo asesoradas na súa procura de emprego e se forman en competencias xerais así como en diversos sectores, nos que tamén poderán realizar prácticas en empresas da contorna. Deste xeito, estanse formando nos ámbitos do comercio; almacén; ocio e tempo libre; limpeza de edificios e locais e arranxo de habitacións en hoteis; turismo; idiomas e novas tecnoloxías. Ademais, os Concellos de Ames e Brión están desenvolvendo dende o pasado mes de outubro a quinta edición do obradoiro dual de emprego Renova no que participan 20 alumnos/as traballadores/as. Nesta edición impártense 12 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas de 420 horas de duración. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo sobre ditos programas de emprego.
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado mes de setembro as contas xustificativas para proceder ao pagamento das axudas do Plan Ames Progresa, dirixidas ao mantemento do emprego e do tecido empresarial local. Deste xeito, aprobouse a concesión de 49.599,26 euros a 35 empresas e autónomos. As axudas concedidas teñen un importe máximo de 1.500 euros. Esta convocatoria de axudas estivo dirixida ás empresas e profesionais autónomos que pecharon parcialmente entre os meses de xaneiro e outubro de 2021, por mor da situación epidemiolóxica e das restricións vixentes no momento do peche.
Dende o 4 de decembro ata o 8 de xaneiro, a Concellaría de Promoción Económica de Ames pon á disposición da veciñanza dúas horas en locais de ocio para a rapazada, en quendas de mañá e tarde e en datas complicadas para conciliar. Ao presentar un ticket de compra de calquera importe dalgún comercio ou establecemento hostaleiro do concello, as familias poderán deixar ás súas nenas e nenos nos locais Educalia, en Bertamiráns, e Planeta Máxico, no Milladoiro, co fin de facilitar o consumo na hostalaría e no comercio local.
Este venres, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Por este motivo o Concello de Ames quere dar a coñecer o papel das mulleres no ámbito científico dentro do noso municipio. Para iso dende as Concellarías de Promoción Económica e Igualdade fixéronlle unha proposta aos centros de ensino do municipio para incidir na concienciación e na divulgación de iniciativas científicas que, desenvoltas por mulleres, son casos de éxito no noso entorno. Nesta iniciativa participarán a investigadora matemática e vicepresidenta da Real Sociedade Matemática Española, Victoria Otero Espinar, e maila empresa Conic Vascular (Manuel Parente, presidente, e Paula Rey, responsable de calidade).
A Concellaría de Promoción Económica conmemora o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor lembrando que dispón dun servizo de asesoramento que ofrece a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en Bertamiráns e no Milladoiro. O Concello de Ames asinou en 2016 un convenio con esta entidade para que os veciños e veciñas amesáns dispuxeran deste servizo. Durante os últimos anos a UCGAL realizou varias xornadas informativas sobre o consumo e aforro da electricidade, o pago dos dereitos de autor, a devolución das cláusulas chan, comercio electrónico seguro, sentenzas do IRPH e as tarxetas revolving e o cártel dos coches.
Este pasado luns, 21 de setembro, celebrouse a sesión constitutiva do xurado do concurso de ideas para a redacción do proxecto de construción do Centro de Mocidade, un edificio dedicado a un centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e a persoas en proceso de inserción socio-laboral. Este primeira xuntanza tivo lugar despois de que se aprobase o pasado 18 de setembro en Xunta de Goberno Local a composición do xurado. Este proxecto enmárcase dentro do Plan Impulsa Ames, cofinanciado pola Unión Europea, a través do FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O centro construirase no Milladoiro, na avenida Muíño Vello, xunto ao parque empresarial e nas proximidades do instituto, a área de ocio, o albergue e a Igrexa do Milladoiro.
A Concellaría de Promoción Económica anima á veciñanza a participar na campaña “Ilumina o teu sorriso”, xa na súa terceira edición, na que se pode entrar no sorteo dun teléfono móbil de última xeración ao fotografarse con dúas das seis decoracións de Nadal do concello seleccionadas pola organización. As luces escollidas ocupan, en Bertamiráns, as prazas do Concello, da Maía e de Chavián, mentres que no Milladoiro se atopan nas prazas de Manuel Murguía, da Madalena ou na rúa Anxeriz. O prazo para participar no concurso remata o venres 7 de xaneiro. As bases da campaña están dispoñibles premendo nesta ligazón.
Ata o martes 14 de decembro segue aberta a inscrición nos obradoiros do programa “Nadal con Ames na Rúa”, promovido pola Concellaría de Promoción Económica de Ames. 11 dos 34 talleres xa teñen o seu aforo completo, polo que as solicitudes nestas actividades pasarán á lista de agarda. Para solicitar praza, cómpre cumprimentar os formularios para persoas adultas ou para a rapazada, nos que tamén se pode consultar a oferta íntegra de talleres, e envialos ao correo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal.
Esta semana o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron as instalacións da empresa Mirabelle Comunicación Audiovisual, que se atopa na rúa das Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro. Os membros do Goberno municipal foron recibidos por Rocío González, xerente da empresa. Trátase dunha produtora con 20 anos de experiencia no sector da comunicación audiovisual. Na actualidade están producindo a cuarta temporada do programa Aquelando con Chispas, da Televisión de Galicia. Esta entidade encargouse da organización do concurso de karaoke “Canta con Ames” posto en marcha no verán de 2021 polo Concello de Ames.
O Concello de Ames continúa coa rolda de contactos coas empresas do sector audiovisual que teñen instalacións radicadas en Ames. Neste caso o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron as instalacións das empresas Zenit TV e Minervas Voice, que se atopan situadas no mesmo edificio da rúa da Xesta, no parque empresarial do Milladoiro. Durante a visita, Blas García e Ana Belén Paz puideron coñecer as instalacións da produtora e tamén abordaron con Zaza Ceballos, directora e produtora executiva das empresas, distintas vías de colaboración de cara ao futuro. Dende o executivo amesán apostan por fomentar a ubicación de novas empresas relacionadas coa tecnoloxía e mailo audiovisual no polígono do Milladoiro.
- ‹ anterior
- 20 de 55
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.
A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.
O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.
Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
- ‹ anterior
- 14 de 14




