Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

No marco da oitava edición do Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames, Cinema Miúdo, o Concello de Ames propón dúas actividades formativas que farán as delicias da rapazada máis curiosa: dous obradoiros creativos para aprender facendo, dirixidos por profesionais de referencia no ámbito audiovisual. Ambos  obradoiros son para nenas e nenos a partir de 8 anos. Son gratuítos e con prazas limitadas e as inscricións poden realizarse a través do correo electrónico actividades@cinemamiudo.gal indicando nome e idade da participante e teléfono de contacto dunha persoa adulta.

O grupo de música tradicional “A roda” actúa este sábado na Explanada da Casa de Cultura de O Milladoiro ás 10:30 da noite. Preto de medio século sobre os escenarios, 16 traballos editados, xiras por toda Europa e América, premios como o da “Crítica de Galicia” e recoñecementos como A “Medalla Castelao”, avalían a traxectoria deste grupo que representa coma ningún outro o canto de taberna en Galicia. A actuación, patrocinada pola Deputación Provincial de A Coruña, forma parte das actividades organizadas no municipio a través do programa de fomento da economía e a cultura “AmesON”.

O programa organizado pola concellaría de Cultura continuou este xoves 15 de xullo co aforo completo na comedia musical Píscore. Os “Seráns de Tapia” teñen como obxectivo levar a cultura ao rural a través de actividades coma o teatro, a literatura, os concertos e os monólogos. Podes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Dende hoxe están dispoñibles na Billeteira as entradas para os dezaseis espectáculos de teatro, danza e novo circo do itinerario cultural amesán da primeira metade de ano. Con catro representacións para o público infantil e doce para o adulto, os prezos serán de 4 e 5 euros, respectivamente, con descontos do 50% para certos colectivos. A comedia “Gloria Nacional”, da compañía Teatro do Nordeste, inaugurará a programación o próximo venres 14 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.

A décima edición do festival Millarock tivo lugar o pasado venres, 30 de xullo, no Milladoiro. Ao longo da noite, pasaron polo escenario os grupos Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala. Tras un ano de parón pola Covid, o Millarock foi acollido por un público moi entregado. Organizado pola concellaría de Cultura do Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames.

O XIII Festival Peregrinos Musicales ultima xa todos os preparativos para a súa posta en marcha. Unha das actividades centrais das dúas semanas de intenso programa será o tradicional concerto da Real Filharmonía de Galicia. A cita terá lugar o martes 11 de xullo, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, e contará coa participación dos seis intérpretes galardoados no Certame Internacional de Novos Talentos Peregrinos Musicales. As outras sete xornadas musicais que ofrecerá o festival desenvolveranse entre o 29 de xuño e o 14 de xullo. Este ano, como novidade, ademais de ter lugar en espazos emblemáticos de Santiago de Compostela, algúns concertos desenvolveranse tamén no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

A localidade do Milladoiro acollerá un ano máis o festival Millarock, que chega á súa décimo terceira edición. O evento, organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, busca promover o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Esta cita musical celebrarase o vindeiro 2 de agosto no anfiteatro do Milladoiro, onde actuarán os grupos Dakidarría, Agoraphobia, Biribirlocke e Onda Dagda. O persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargarase dos concertos didácticos e da impartición de obradoiros musicais. Nas vindeiras semanas iranse desvelando máis detalles sobre o cartel do Millarock.

O Milladoiro acollerá un ano máis o festival Millarock, unha das citas máis esperadas na localidade amesá e que este ano chega á súa décimo cuarta edición. O evento, organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames en colaboración coa da Rede Cultural da Deputación da Coruña, ten como obxectivo promover o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Esta cita musical celebrarase o vindeiro 1 de agosto na Travesía do Porto, onde actuarán os grupos Ruxe Ruxe, Battosai e Ulex. Ademais, por segundo ano consecutivo, o persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargarase dos concertos didácticos e de impartir obradoiros musicais coa proposta “Merenda Rock”. Como novidade, nesta edición búscase achegar o rock a todos os públicos e ofreceranse servizos para que as persoas con discapacidade tamén poidan gozar do festival. 

O departamento de Cultura ultima estes días os preparativos da XV edición do Festival de Maxia que se desenvolverá nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro desde o 22 até o 25 de outubro. Este ano celebraranse oito galas e dous obradoiros. Por mor da COVID19 a presenza do público en sala será menor e non se poderán celebrar talleres nos colexios. Porén, a a Gala Máxica Internacional do último día retransmitirase a través da rede, o cadro de artistas convidados é de luxo e propoñense por primeira vez unha gala enteiramente galega e unha gala da hipnose. A demanda de prazas para o obradoiro de Milladoiro provocou que se programase unha segunda quenda para a que aínda quedan algunhas prazas libres. A inscrición está dispoñible no enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal. Tamén quedan algunhas entradas para as galas, agás para a que se celebrará ás 17:00 horas do domingo en Milladoiro, cuxo aforo xa está completo. As entradas poden adquirirse na billeteira municipal.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abriu este luns, 29 de xuño, o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os/as interesados/as en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas.

Eventos del departamento

O programa Seráns de Ames pecha a súa terceira edición coa actuación de Brais das Hortas en Bugallido. O animador presentará "Consertasso na horta". Será a partir das 19:30 horas. 

O xoves 10 de agosto haberá dobre sesións dos "Seráns de Ames" en Bugallido. Ás 19:30 horas dará comezo o contacontos "Conto contiño", con Bibiana Calvo e Divina Fernández. Así mesmo, Inventi Teatro representará a obra "A gran viaxe", unha comedia teatral que conta a historia da capitana Centella e o doutor Potasio, dúas personaxes que chegan coa súa nave á terra en busca do Ziscornio, un elemento necesario para salvar ao seu planeta dos bechos malignos que o están a destruír. 

O mes de agosto estréase cunha nova actividade dos Seráns de Ames, a representación da obra de teatro "La coquette", de Kanbahiota. Trátase dun espectáculo para todos os públicos con humor, circo e moita diversión. Será en Tapia, a partir das 19:30 horas. 

O xoves 13 de xullo terá lugar o concerto "A danza do verán" dentro do programa "Seráns de Ames". Correrá a cargo da formación A banda do verán, un proxecto infantil en galego que ofrece música, teatro e danza. Será na parroquia de Bugallido, ás 19:30 horas. 

Os Seráns de Ames chegan ao campo da festa de Bugallido cos espectáculos “A bibliotecaria estrafalaria”, a cargo Cris de Caldas e Xabi do Camiño; e “Nabiza Girl”, a cargo de Isabel Risco. A partir das 19:30 horas. 

A programación Ames Cultural do mes de agosto comeza o xoves 4 cunha nova xornada dos Seráns de Ames na praia fluvial de Tapia. Será coa representación de “A illa sen tesouro”, a partir das 19:30 horas.

Chega unha nova sesión dos Seráns de Ames cos contacontos de Bibiana Calvo e Divina Fernández, persoal das bibliotecas municipais de Ames, e co espectáculo "A tropa do Doutor Milagre". Será no Campo da Festa de Bugallido, a partir das 19:30 horas.

Chega unha nova sesión dos Serán de Ames, desta volta cun espectáculo de maxia no campo da festa de Bugallido, a partir das 20:00 horas.

O xoves 17 de agosto terá lugar unha nova sesión dos Seráns de Ames, en Tapia. A partir das 17:30 horas haberá unha ludoteca familiar, con xogos con Nerea Couselo. Xa ás 19:30 horas, Teatro Calavera interpretara a obra "Chocolate", unha actividade que mestura narración oral coa posta en escena teatral. 

O xoves 27 de xullo terán lugar, no marco do programa "Seráns de Ames", dúas sesións de "Narradores no serán", con Quico Cadaval e Celso Sanmartín. Será en Bugallido, ás 19:30 horas. Cadaval é actor, director e adaptador teatral, mentres que Sanmartín é poeta e contacontos.